As nosas actividades e saídas |
De que o Nadal está cheo de maxia... non tiñamos dúbida algunha!!! Pero este ano descubrimos que a maxia procede de moitos lugares e seres diferentes. O noso colexio convertiuse por un día na morada duns seres máxicos do Nadal que viñeron contarnos as súas historias. As Anjanas, o Apalpador, a Vella e Papá Noel xunto cos seus axudantes, fixéronnos partícipes das súas andanzas e variadas ensinanzas. Temos claro que non imos esquecer este día tan máxico!! Unha vez máis grazas á ANPA por conseguir que as personaxes do Nadal se achegasen dende os seus diversos fogares, e tamén aos estudantes de maxisterio que colaboraron nun día de maxia :)
|
|||
A última semana de curso antes do Nadal estivo chea de sorpresas e momentos marabillosos. O luns 18, grazas á ANPA Lameira, tivemos a sorte de contar no colexio co grupo "De Tapas" da Fundación IgualArte, un espazo no que as persoas con diversidade intelectual poden expresarse e formarse no ámbito artístico. E como as sorpresas nunca veñen soas, eles tamén nos traían unha, xa que tocaron un par de temas acompañados por nenos e nenas do colexio e ademais... ata fixeron bailar a algún mestre! Non vos perdades o seguinte vídeo!!
|
|||
Despois de moitos anos de experiencia creando entre todo o alumnado de relixión o Belén do Josefa Alonso, este ano os artistas que cada curso nos sorprenden coas súas estupendas manualidades levaron o noso Belén máis alá dos nosos muros. Participamos no concurso de Beléns de Afundación. Todas as familias que queran poden achegarse ata alí e ver o noso Belén e o do resto de participantes. Como este ano era tan especial, todo o alumnado de relixión fixo unha saída para ir ver o Belén, e por suposto remataron celebrándoo cun chocolate con churros!
|
|||
O alumnado de 2º EP puido gozar dun obradoiro forense mega divertido. As forenses Sol e Olalla amosáronlles o interior do corpo con todo luxo de detalles. Son unhas forenses fantásticas!!!! |
|||
Entrevistamos a Ara Malikian: estas son as preguntas que nos encantaría que nos contestase. Non será porque non o intentamos!!!! |
|||
O alumnado de 2º EP estivo empregando moitísimo a súa mesa de experimentación con actividades relacionadas co corpo humano. Aprenderon sobre os sentidos, aparellos médicos, a dixestión...
|
|||
O alumnado de 2º EP estivemos a traballar sobre o corpo na nosa mesa de experimentación. Representamos uns estómagos cuns globos e uns ingredientes máis!!!
|
|||
Os participantes do concurso "Escola en Camiño" de Faro de Vigo, recibiron esta semana o seu premio de mención especial na categoría de infografías. O debuxo de André ben mereceu o seu premio. Noraboa, artista!!!!!
|
|||
O alumnado de 5º EP amosounos os traballos realizados ao longo do curso sobre o PDI "Os deportes". Traballaron moitísimo pero tamén aprenderon moitísimas cousas sobre os deportes. |
|||
Na clase de plástica, tivemos a sorte de facer un obradoiro cunha artistaza como é Antía. Grazas a ela aprendimos a técnica do "cadáver exquisito" e quedaron unhas personaxes ben bonitas!!! |
|||
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »