LISTAXES BENEFICIARIOS AXUDAS FONDOLIBROS E MATERIAL. ENTREGA DE VALES

Xa están publicadas as listaxes provisionais de beneficiarios de fondolibros que podedes consultar na aplicación "fondolibros" no apartado "Cidadán" e no taboleiro interior do centro.

O periodo de reclamacións serán os días 1 e 2 de xullo. O día 3 sairán as listaxes definitivas e podedes vir a recoller os vales do 3 ao 5 de xullo en horario de mañá.

Lembrade que se non pode vir o solicitante a recoller o vale, a persoa que o recolla deberá presentar unha autorización asinada polo solicitante e acompañada dos DNI ou copia da persoa que recolle os vales.

A entrega de libros de texto do fondo solidario realizarase a principio de curso.

INSTRUCCIÓNS BOLSAS ALUMNADO NEAE (NECESIDADE ESPECÍFICA DE APOIO EDUCATIVO) 2024-2025

Normativa de referencia: Resolución de la Secretaría de Estado de Educación, por la que se convocan ayudas para alumnos con necesidad específica de apoyo educativo para el curso académico 2024-2025.

prazo de presentación é dende o 30 de abril de 2024 ao 13 setembro de 2025.

Atendendo á publicación no BOE poderán solicitar as axudas "o alumnado que presenten necesidades educativas especiais derivadas de discapacidade, trastornos graves de conduta ou trastornos graves da comunicación e da linguaxe asociada a necesidades educativas especiais". Así mesmo, poderán solicitar ditas axudas o alumnado con Trastorno do Espectro Autista e o alumnado con necesidade específica de apoio educativo asociado a altas capacidades.

"Esta convocatoria inclúe un subsidio para gastos adicionais de carácter xeral derivados da escolarización de estudiantes con necesidades específicas de apoio educativo, que terá un importe de 400 euros, que se sumará ás cuantías que xa figuraban en convocatorias anteriores, resultando un incremento adicional das axudas".

Os umbrais de renta e patrimonio están especificados na convocatoria.

Os solicitantes deben cubrir a solicitude vía Internet na seguinte ligazón:

https://www.educacionfpydeportes.gob.es/servicios-al-ciudadano/catalogo/general/05/050140/ficha/050140-2024.html

 

Toda a información e as explicacións para realizar a solicitude están na seguinte ligazón: https://www.becaseducacion.gob.es/becas-yayudas/ayudas-apoyo-educativo/como-solicitarla.html

Despois de cubrir e pechar a solicitude online teñen que imprimila en papel e asinala. Así mesmo, no gabinete psicopedagóxico ao que acode o seu fillo/a terán que cubrir, selar e asinar o seu apartado dos documentos impresos da solicitude.

Posteriormente deberán entregar no Departamento de Orientación do seu centro os impresos de solicitude cubertos, asinados pola familia e selados polo gabinete externo xunto coa documentación requerida: certificado do número da conta bancaria do alumno/a, diagnóstico médico do Sergas, certificado de discapacidade e/ ou título de familia numerosa.

Poden comprobar a documentación requerida na seguinte ligazón:

https://www.becaseducacion.gob.es/becas-y-ayudas/ayudas-apoyo-educativo/que-necesitas.html

LIBROS DE TEXTO 2024/2025

 

PODEDES ATOPAR O LISTADO DE LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 2024/2025 FACENDO CLICK NA IMAXE.

ACONSELLAMOS NON COMPRAR NADA ATA QUE COMECE O CURSO E A TITORA CONFIRME OS LIBROS E MATERIAIS QUE SE UTILIZARÁN.

FORMALIZACIÓN MATRÍCULA CURSO 2024/2025

Hoxe día 20 comeza o prazo para a formalización de matrículas para o novo alumnado de Educación Infantil e Primaria para o curso 2024/2025. A documentación solicitada é a seguinte:

- 2 fotografías tamaño carnet.

- Fotocopia libro de familia.

- Fotocopia tarxeta samitaria e libro de vacinas.

- Fotocopia  DNI proxenitores e alumn@s.

- Impreso que se vos facilitará na secretaría do centro.

Tedes ata o día 30 para entregar a documentación en horario de mañá.

Obradoiro de italiano

Os Trasnos puideron gozar dun obradoiro de italiano coñecendo a figura de Alda Merini. Os seus poemas cheos de sentimento axudaron a coñecer a esta poetisa italiana ao tempo que coñeceron Milán e degustaron un calzone ben rico.

 

Trasnos medianos e trasniños puideron escoitar o conto "Ancora niente" que rápidamente comprenderon xa que estaban mega atentos e atentas. Puideron degustar un calzone de prosciuto e mozzarela.

As aulas de 1º e 2º gozaron de 2 contos: Leone Kandinga e Ancora niente. Estiveron entusiasmados e entusiasmadas. O que máis lles gustou foi untar a nutella cos pauciños de pan. 

Formigas. Misión Rosalía

Os Trasnos medianos, realizaron a súa última reunión de club de lectura do curso, realizando unha pequena parte do Camiño de Santiago que pasa por Matamá. Fixeron a súa merendola lectora sobre o libro "Formigas. Misión Rosalía", e a coninuación, selaron a súa credencial nos diferentes establecementos que hai na parroquia.

Recomendan o libro, gustoulles moito!!!!

SEMANA CULTURAL

Durante a Semana Cultural o CEIP Josefa Alonso estivo cheo de música e artistas.

O luns tivemos a sorte de contar cos amigos de Sete Cuncas que nos ensinaron algúns pasos de baile galego.

O martes os alumnos de terceiro prepararon un Kamishibai sobre a vida de Luisa Villalta, autora homenaxeada no día das Letras Galegas, e un vídeo para mostrar as súas obras. Ademais os alumnos de quinto representaron unha obra de teatro musical con adaptacións do conto clásico de Carapuchiña Vermella.

O mércores puidemos disfrutar coa música da banda de Matamá, que unha vez máis quixo acompañarnos nas nosas celebracións.

Para rematar, o xoves o noso alumnado demostrou todo o seu talento na segunda edición do "Temos talento" no que houbo bailes, música, maxia e moita diversión.

collage semana cultural

Sementeira

A cooperativa "Os libros molan", do noso club de lectura, tivo a súa feira máis importante na "Sementeira" que se celebra na parroquia de Matamá. Alí puideron expoñer os produtos que deseñaron e elaboraron ao longo do curso. Todo o seu esforzo tivo unha fermosa recompensa. Traballaron moitísimo e puideron gozar dunhas actividades moi interesantes como foron as actividades realizadas no Real Club de Yates de Baiona, e todas as actividades feitas en "Donde viven los cuentos", co conto "El viaje de Matías.

Temos que agradecer a TODAS AS FAMILIAS pola implicación que tiveron axudándonos en todo o que puideron e tamén aos patrocinadores e patrocinadoras que conseguimos en Nadal para poñer en marcha as nosas cestas.

GRAZASSSSS!!!!!!!

 

 

     

Concurso de fotografía

Aquí temos as fotografías gañadoras do concurso do club de lectura sobre os seus libros favoritos. Tanto Uxía como Fátima foron moi creativas coas súas fotos. Agardamos que gocedes moitísimo do voso premio!!!!! NORABOA!!!! E grazas por participar!!!!

 

Kairos

Grazas a Tania, da escola de música Kairos, experimentamos uns contiños musicados requetechulos. Un deles foi "O monstro de cores". Con material sensorial, Tania fíxonos sentir as mesmas emocións ca o monstro!!!

 

Distribuir contido