Festival de Nadal 2019

Para celebrar o Nadal todo o alumnado preparou bailes , cancións e representacións para divertir ás familias que acudiron a ver o noso festival.

Anteriormente recibíramos a visita do paxe real que veu a recoller a correspondencia preparada para os Reis Magos.

Tamén participamos no concurso de debuxo organizado polo concello e elaboramos a felicitación do centro.