letras galegas nota

 

LETRAS GALEGAS 2011

 

 

 

 
 

Estamos a organizar unha “fiadeira” que ten como obxectivo a cooperación entre alumado, centro e familias.

Sería moi interesante, dado que a transmisión de cultura é facilitada polos maiores, que estes poideran achegarnos o seu saber vindo a cantar coas súas netas e netos aquelas cantigas que coñece de toda a vida para que sigan perdurando.

Se algunha persoa, se anima a preparar unha pequena canción, soa ou acompañada, para o centro e para os nenos, sería un verdadeiro pracer. (se queredes podedes traer algún instrumento de acompañamento: pandeireta, cunchas, pandeiro…)

Non fai falta máis que ter ganas de cantar para improvisar xuntos!

 

 

O acto terá lugar o venres 13 de maio a partires das 12 da mañá.

 

Atentamente, un saúdo.

O Equipo de Dinamización da Lingua Galega.