O Magosto
O Magosto é unha festa ou reunión para asar e comer castañas, que se celebra tradicionalmente
entre a segunda quincena de outubro e a primeira de novembro.
En orixen, era unha festa de amizade entre veciños para honrar as colleitas.
Hoxe en día tamén a celebramos no colexio con xogos, actividades especiais e, por suposto,
comendo castañas.
Por mor do tempo, este ano non se poido facer a saída o souto de Sésamo para recollelas.
Foron os nenos e as nenas os encargados de traelas da casa, así coma receitas, cantigas e refráns
do outono.