Eventos

« Novembro 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930

Admisión

Admisión 24-25

O vindeiro 1 de marzo comeza o periodo de admisión para o alumnado que comeza o 2º ciclo de infantil ou para aqueles que desexan cambiar de centro.

O prazo de presentación de solicitudes de admisión é do 1 ao 20 de marzo (ambos incluídos).

Na web iremos colgando todas as novidades ao respecto deste proceso. 

As solicitudes (ED550B) presentaranse preferiblemente por vía electrónica, mediante o formulario normalizado dispoñible na aplicación informática admisionalumnado (https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado), a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente no centro docente indicado en primeiro lugar ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

O formulario poderán atopalo na aplicación admisionalumnado, na páxina web ou pasar a recollelo no propio centro. Recordamos que a presentación de solicitudes de admisión, de facelo de forma presencial, debe ser entregada na secretaría do centro xa que é imprescindible darlle rexistro de entrada para posibles futuras reclamacións

O alumnado que xa está matriculado no centro e que vaia a continuar nel para o vindeiro curso, non teñen que facer nada, xa que teñen garantía de permanencia no centro.

A solicitude deberá vir acompañada da documentación acreditativa do requisito de idade: Libro de familia ou DNI.

A admisión e a matriculación nun centro docente público implicará respectar o seu proxecto educativo.

LEXISLACIÓN ADMISIÓN

DOCUMENTOS ADMISIÓN

  

FORMULARIO ADMISIÓN CASTELÁN

FORMULARIO ADMISIÓN GALEGO        

Reserva de praza en centros de adscrición (IES María Casares) Curso 2024-25

De conformidade coa disposición adicional primeira da Orde do 21 de outubro de 2022 que regula o procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos, o 15 de xaneiro de 2024 inícianse os trámites do procedemento (código ED550A), coa reserva de praza nun centro de adscrición para alumnado que cambia de etapa.

  • O prazo de solicitudes abranguerá do 15 de xaneiro ao 5 de febreiro de 2024, ambos incluídos.

Solicitudes:

Os modelos ED550A estará disponible na aplicación admisiónalumnado, na sede electrónica da Xunta de Galicia e no noso centro.

Forma de presentación:

·        As solicitudes (ED550A)(Anexo I e anexo I-bis) presentaranse preferiblemente por vía electrónica, mediante o formulario normalizado dispoñible na aplicación admisionalumnado.Para a presentación electrónica das solicitudes poderá empregar calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluíndo o sistema de usuario e clave Chave365.

·        Ou presencialmente na Secretaría do noso centro.

Documentación a presentar

·      Solicitude de reserva (ED550A) Anexo I e anexo I-bis)

·      Libro de familia

·      Outra documentación, que de ser o caso, fose precisa (sentenza de separación, documentación acreditativa do alumnado con necesidades específicas,…)

Normativa de aplicación

  • ORDE do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C)
  • DECRETO 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten as ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

APLICACIÓN INFORMÁTICA ADMISIÓNALUMNADO

FORMULARIO DE SOLICITUDE EN GALEGO

FORMULARIO DE SOLICITUDE EN CASTELÁN

MANUAL PARA A SOLICITUDE DE RESERVA FAMILIAS

ADMISIÓN 2023-2024

O vindeiro 1 de marzo comeza o periodo de admisión para o alumnado que comeza o 2º ciclo de infantil ou para aqueles que desexan cambiar de centro.

O prazo de presentación de solicitudes de admisión é do 1 ao 20 de marzo (ambos incluídos).

Na web iremos colgando todas as novidades ao respecto deste proceso. 

As solicitudes (ED550B) presentaranse preferiblemente por vía electrónica, mediante o formulario normalizado dispoñible na aplicación informática admisionalumnado (https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado), a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente no centro docente indicado en primeiro lugar ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

O formulario poderán atopalo na aplicación admisionalumnado, na páxina web ou pasar a recollelo no propio centro. Recordamos que a presentación de solicitudes de admisión, de facelo de forma presencial, debe ser entregada na secretaría do centro xa que é imprescindible darlle rexistro de entrada para posibles futuras reclamacións

O alumnado que xa está matriculado no centro e que vaia a continuar nel para o vindeiro curso, non teñen que facer nada, xa que teñen garantía de permanencia no centro.

A solicitude deberá vir acompañada da documentación acreditativa do requisito de idade: Libro de familia ou DNI.

A admisión e a matriculación nun centro docente público implicará respectar o seu proxecto educativo.

LEXISLACIÓN ADMISIÓN

DOCUMENTOS ADMISIÓN

  

FORMULARIO ADMISIÓN CASTELÁN

FORMULARIO ADMISIÓN GALEGO                   

RESERVA DE PRAZA PARA O CENTRO ADSCRITO: IES MARIA CASARES

Estimadas familias:

Seguindo a Orde do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o procedemento de admisión, o alumnado que pretenda continuar estudos nun centro de adscrición, no caso do noso centro o IES MARÍA CASARES, para os efectos de reserva de praza neste, deberá presentar no centro de orixe (o noso centro) ou preferiblemente a través da aplicación “ admisionalumnado” ( https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado) o formulario normalizado (ED550A), xunto co anexo bis 1 firmado por todos os membros da unidade familiar.

 

Para a presentación electrónica das solicitudes poderá empregar calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluíndo o sistema de usuario e clave Chave365.

O prazo de presentación estará comprendido entre os días 16 de xaneiro e o 6 de febreiro de 2023

O formulario normalizado será facilitado gratuitamente nos correspondentes centros docentes e tamén estará dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, na aplicación “admisionalumnado”, e na páxina web da consellería competente en materia de educación.

Recoméndase a utilización preferente da modalidade telemática para a presentación das solicitudes

Aconsellamos descargalo da páxina web e traer todo ao centro correctamente cuberto para evitar aglomeracións innecesarias.

LEXISLACIÓN RELACIONADA

  • DECRETO 13/2022,do 3 de febreiro,  polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio , de educación.
  • ORDEN do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022 e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio , de educación.

ADMISIÓN 2021-2022

01/03/2021 00:00
20/03/2021 00:00
Europe/Madrid

ADSCRIPCIÓN ALUMNADO DE 6º AO IES MARÍA CASARES

Estimadas familias:

Seguindo a Orde do 18 de decembro de 2020 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento de admisión, o alumnado que pretenda continuar estudos nun centro de adscrición, no caso do noso centro o IES MARÍA CASARES, para os efectos de reserva de praza neste, deberá presentar no centro de orixe (o noso centro) ou a través da aplicación “ admisionalumnado” ( https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado) o formulario normalizado (ED550A), xunto co anexo bis 1 firmado por todos os membros da unidade familiar. O prazo de presentación estará comprendido entre os días 11 de xaneiro e o 8 de febreiro.

O formulario normalizado será facilitado gratuitamente nos correspondentes centros docentes e tamén estará dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, na aplicación “admisionalumnado”, e na páxina web da consellería competente en materia de educación.

Recoméndase a utilización preferente da modalidade telemática para a presentación das solicitudes

Aconsellamos descargalo da páxina web e traer todo ao centro correctamente cuberto para evitar aglomeracións innecesarias.

Para a presentación de forma presencial será necesario pedir cita previa ao número de teléfono 881.88.08.02.

 

LEXISLACIÓN RELACIONADA

  • DECRETO 254/2012, de 13 de diciembre , por el que se regula la admisión de alumnado en centros docentes sostenidos con fondos públicos que imparten las enseñanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obligatoria y de bachillerato reguladas en la Ley orgánica 2/2006, de 3 de mayo , de educación.
  • ORDEN de 12 de marzo de 2013 por la que se desarrolla el procedimiento para la admisión del alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan enseñanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obligatoria y de bachillerato reguladas en la Ley orgánica 2/2006, de 3 de mayo , de educación.
  • ORDEN de 25 de enero de 2017 por la que se modifica la Orden de 12 de marzo de 2013 por la que se desarrolla el procedimiento para la admisión del alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan enseñanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obligatoria y de bachillerato reguladas en la Ley orgánica 2/2006, de 3 de mayo , de educación.
  • ORDEN de 18 de diciembre de 2020 por la que se modifica la Orden de 12 de marzo de 2013 por la que se desarrolla el procedimiento para la admisión del alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan enseñanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obligatoria y de bachillerato reguladas en la Ley orgánica 2/2006, de 3 de mayo, de educación (código de procedimiento ED550A y ED550B).

 

LISTADO DEFINITIVO DE ADMISIÓN

Estimadas familias:

As listaxes de admitidos DEFINITIVAS para o curso 20/21 xa están dispoñibles. Este ano, seguindo as  INSTRUCIÓNS DA DIRECCIÓN XERAL DE CENTROS E RECURSOS HUMANOS SOBRE O PROCESO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO EN CENTROS DOCENTES SOSTIDOS CON FONDOS PÚBLICOS PARA O CURSO ACADÉMICO 2020-2021 a consulta das mesmas só se poderá realizar de forma:

a) Presencial: Única e exclusivamente no taboleiro de anuncios situado no interior do edificio escolar. (En secretaría)

b) Non presencial: Única e exclusivamente a través da aplicación admisionalumnado empregando a Chave365 ou certificado dixital da Fábrica Nacional da Moneda e Timbre. 

Santa Cruz, 15 de xuño de 2020

LISTADOS ALUMNADO ADMITIDO CURSO 20/21

Estimadas familias:

As listaxes de admitidos para o curso 20/21 xa están dispoñibles. Este ano, seguindo as  INSTRUCIÓNS DA DIRECCIÓN XERAL DE CENTROS E RECURSOS HUMANOS SOBRE O PROCESO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO EN CENTROS DOCENTES SOSTIDOS CON FONDOS PÚBLICOS PARA O CURSO ACADÉMICO 2020-2021 a consulta das mesmas só se poderá realizar de forma:

a) Presencial: Única e exclusivamente no taboleiro de anuncios situado no interior do edificio escolar. (En secretaría)

b) Non presencial: Única e exclusivamente a través da aplicación admisionalumnado empregando a Chave365 ou certificado dixital da Fábrica Nacional da Moneda e Timbre. 

Seguindo a RESOLUCIÓN DA CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN, UNIVERSIDADE E FORMACIÓN PROFESIONAL DO 7 DE MAIO DE 2020 SOBRE O RESTABLECEMENTO DO PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO poderanse formular reclamacións contra as listaxes provisionais no prazo de 3 días hábiles contados desde o seguinte ao da súa publicación, hoxe, 27 de maio de 2020.

REAPERTURA PROCESO DE ADMISIÓN

Anuncio reanudación preocedemento admisión

Novo calendario de admisión

Para levar a cabo este proceso coa maior seguridade para todos/as, a solicitude de admisión farase prioritariamente de forma telemática a través da sede electrónica https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/

Podedes ver as instruccións para cubrilo correctamente picando AQUÍ. É moi importante para facelo correctamente.

Debedes adxuntar a esta solicitude o DNI de todos os membros da unidade familiar (por si houbera algún erro, poder facer a comprobación), o libro de familia e o padrón. Recordade que a solicitude deberá estar asinada por todas as persoas que autoricen a consulta de datos e polos proxenitores/representante legal. Como soamente é posible asinar dixitalmente o documento por unha persoa, se deberá anexar o escaneo dos documentos asinados polo resto de persoas que aparecen na solicitude e deban asinala.

Unha vez revisada a documentación presentada pola secretaría do centro, de faltar algunha documentación, poñerémonos en contacto co pais/nai ou titor/a legal dos/das solicitantes para intentar subsanar o posible erro.

De forma excepcional, para aquelas familias que non poidan facer a solicitude telemática, a secretaría do centro estará aberta de 09:00 a 14:00 a partir do 11 de maio únicamente para a presentación da solicitude xunto coa documentación necesaria, pero a atención será mediante cita previa para evitar posibles aglomeracións inncesarias. Para a solicitude de cita previa, deberase mandar un email a ceip.isidro.parga@edu.xunta.es ou ben, chamar a partir do luns 11 ao 881.880.802 de 09:00 a 14:00 horas. Só poderá vir unha persoa por alumno/a solicitante e a duración do trámite non poderá superar os 15 minutos, polo que rogamos que veña todo xa cuberto e revisado.

A secretaría só estará aberta para a presentación das solicitudes e a entrega de documentación.

Na entrada do centro haberá a disposición das familias xel desinfectante. É  necesario que cada un traia o seu bolígrafo por si houbera calquer erro na solicitude o poidan cubrir correctamente.

Toda a información en relación ao centro, lexislación, ou normas que regulan este procedemento, están dispoñibles dende o comezo do proceso na web do centro no apartado de secretaría en admisión.

MÁIS INFO SOBRE ADMISIÓN: https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipisidroparga/?q=taxonomy/term/95

ADSCRIPCIÓN ALUMNADO DE 6º AO IES MARÍA CASARES

O CEIP Plurilingüe Isidro Parga Pondal está adscrito ao IES María Casares de Bastiagueiro.

As  familias  poderán  cumprimentar  a  solicitude  de  reserva  de  xeito manual,  como  en  cursos  anteriores  e  devolvelas  ao  Centro (enviarase unha copia a cada alumno/a). Este documento debe ser entregado por un adulto na secretaría do centro de 09:00-13:30h., xa que ten que ter rexistro de entrada.

Este ano, ao igual que o pasado curso,  poden  facer  a  reserva  tamén a través  da  aplicación admisionalumnado  https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado,   no menú:

            Solicitudes - Solicitudes  de  reserva - Crear  solicitude  de  reserva

O  prazo  para  facer  a  reserva  de  praza é  do 1 ao 15 de febreiro.

No caso de querer cursar a ESO noutro IES distinto ao IES María Casares, presentará a solicitude de admisión no Instituto da súa elección, informando por escrito ao noso centro.

A normativa que rixe este procedemento é a seguinte:

Normativa de aplicación

  •  DECRETO 254/2012, de 13 de diciembre, por el que se regula la admisión de alumnado en centros docentes sostenidos con fondos públicos que imparten las enseñanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obligatoria y de bachillerato reguladas en la Ley orgánica 2/2006, de 3 de mayo, de educación.

  • ORDEN de 12 de marzo de 2013 por la que se desarrolla el procedimiento para la admisión del alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan enseñanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obligatoria y de bachillerato reguladas en la Ley orgánica 2/2006, de 3 de mayo, de educación.

  • ORDEN de 25 de enero de 2017 por la que se modifica la Orden de 12 de marzo de 2013 por la que se desarrolla el procedimiento para la admisión del alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan enseñanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obligatoria y de bachillerato reguladas en la Ley orgánica 2/2006, de 3 de mayo, de educación.

 

Distribuir contido