Eventos

« Novembro 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930

Convivencia

VIDEO MEDIOAMBIENTE

Aquí tedes unha recopilación dos debuxos dos nenos/as que participaron na actividade de Medioambiente.

Moitas grazas :) 

5 DE XUÑO DÍA DO MEDIOAMBIENTE

Saúdos familias!

Desde a comisión de convivencia queremos conmemorar o Día Mundial do Medioambiente (5 de xuño).

O confinamento provocado pola pandemia do COVID-19 influíu notablemente no noso medio natural, e isto é o que imos tratar.

Propoñémosvos que o alumnado escriba unha frase acompañada dun debuxo sobre os cambios na natureza que puideron observar durante o confinamento. Tamén podedes buscar noticias ao respecto que vos axuden a reflexionar sobre este tema. O alumnado que participe envíade as tarefas ao seu titor/a  correspondente.

Adxuntamos un tríptico no que se explica a situación que están a vivir as aves da nosa contorna pola escaseza de alimento e animámosvos a colocar comedeiros e proporcionar sementes ou alpiste para os paxaros e poñer así o noso gran de area para mellorar as condicións de vida deste grupo de seres vivos. 

A nosa contorna importa e apórtanos unha gran cantidade de recursos, fagamos algo por ela!

 

ESCAPE ROOM VIRTUAL

Despois de 45 días confinados... dicirvos que sodes uns campións e campioas! Sentimonos moi orgullosos. Aínda que cada vez vai costando máis sentarse a traballar, estamos máis cansos, o sabemos...

Polo que propoñemos un xogo: ESCAPE GAME.

Unha forma moi divertida de aprender :)

ESTADES ATRAPADOS NO COLEXIO. TEDES QUE ESCOLLER UN PERSOAXE E IR SUPERANDO CADA MISIÓN PARA PODER ABRIR AS PORTAS ANTES DE QUE O TEMPO FINALICE...

BOA SORTE A TODOS E A TODAS!

 

ESCAPE GAME VIRTUAL

 

Pinchades no enlace e xa vos aparece a pantalla principal para comezar o xogo. Recordade antes de comezar as misións de ler a introdución e escoller un persoaxe.

Xa estades preparadas para realizar as misións!

8 de Marzo: Día da muller traballadora

Homenaxe de alumnos/as de E.P para conmemorar a loita da muller pola súa participación dentro da sociedade e o seu desenvolvemento íntegro como persoa. Grazas!

14 de Febreiro: San Valentín

Dende o Ceip Isidro Parga Pondal quixemos celebrar o día de San Valentín sempre dende a IGUALDADE e o RESPECTO.

AVES CHEAS DE SOÑOS

O origami é unha arte milenaria que se basea en facer obxectos con papel. Conta unha lenda que a primeira grúa que se deseñou foi nos anos corenta mentres se desenvolvía a guerra de Hiroshima que deu lugar á explosión dunha bomba atómica. Naquel momento, unha nena chamada Sadako Sasaki estaba moi enferma debido á exposición á radiación. Mentres estaba no hospital, o seu amigo Chizuko aconselloulle que fixese grúas de papel xa que se conseguía chegar a facer 1000 podería pedir un desexo. O desexo de Sadako era curarse e que finalizase a guerra. O CEIP Plurilingüe Isidro Parga Pondal quixo conmemorar o Día da paz enchendo o centro de grúas.

Os nenos/as de 5º e 6º de primaria, acompañados pola súa mestra Alba foron contando a historia de Sadako pot todas as aulas e axudando aos compañeiras/os a facer a súa grúa.O resultado foi una total implicación tanto do alumnado como do profesorado chegando a facer 1450 grúas de papel!

Todo o centro foi decorado con grúas cargadas de desexos...

Pero a historia non remata ahí...

Saiu unha noticia no Blogue da Aula Hospitalaria, Materno Infantil coa idea de visibilizar unha realidade que vense incrementando cada ano, o cancro infantil. Por iso, o 15 de Febreiro querían encher de grúas con mensaxe de alento e positividade os teitos e pasillos das Salas de Oncoloxía Pediátrica e a Aula Hospitalaria de Hopsital Materno Infantil de A Coruña.

E así foi como as nosas grúas voaron...

Esperamos que os vosos desexos se cumpran.

ÁNIMO AMIGOS/AS

Día Internacional da Muller

O pasado día 8 de Marzo, o Equipo de Convivencia encargouse de elaborar e colgar no noso centro estes fantásticos e simbólicos paraugas cargados de mensaxes de equidade e igualdade real entre homes e mulleres. Estas mensaxes foron escritas polo alumnado do centro a modo de reflexión para que estemos baixo o amparo da non discriminación.

Moitas grazas polo traballo realizado!

 
 
 

Día da Paz

O pasado día 30 de Xaneiro, celebramos no Ceip Isidro Parga Pondal o Día da Paz doando produtos de hixiene básica e de alimentación non perecedeiros á Cruz Vermella. Ditos produtos foron traídos voluntariamente polo alumnado do centro.

 

Furgoneta de Cruz Vermella cos produtos doados

 

Para cargar os alimentos fixemos unha cadea humana formada por mestras e o alumnado de 6º de Educación Primaria.

 

Grazas a ditas doazóns puidemos compoñer uns aneis olímpicos de productos, diante dos cales os distintos cursos bailaron por niveis unha veriedade de danzas típicas de distintos países do mundo.

 

Aneis olímpicos de produtos

Moitas grazas a todas as familias pola súa colaboración e facer posibles as doazóns e demostrar que dende o centro tamén podemos axudar as asociacións da nosa contorna!

Distribuir contido