Eventos

« Novembro 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930

Extraescolares

Recordando o entroido

O pasado entroido, tivemos no noso centro educativo un día moi divertido e diferente. Ademais de disfrazarnos e desfilar, aprendemos que o entroido non está rifado co medioambiente e respecto pola nosa contorna. Os disfraces de todo o alumnado foron feitos con material reciclado e con temática ecolóxica. Aquí unha pequena mostra!

 

Mergulladores recolle lixo

 

O alumnado de E. Infantil disfrazáronse de mergulladores para concienciar sobre a contaminación de plásticos nos nosos océanos e mares

 

Lavadoras cheas. Disfraces do alumnado de 5º de Educación Primaria

 

Alumnos e alumnas de 6º disfrazados de gardas forestais

 
 

Pececiños. Alumnado de 2º de E.P.

 
                                  As abelliñas de 4º de Educación Primaria
Moitas grazas pola colaboración das familias!

Día da Paz 2011.

Se o conxuro queres mirar,

no caldeiro terás que picar.

 

 

 

 

 

 

 

Información xeral.

 

 Proposta de celebracións por trimestres.

Primeiro trimestre

 

MAGOSTO E SAMAÍN. O magosto celebrarase o venres 29 de outubro. O Samaín será celebrado ao longo da semana do 25 ao 29 de outubro.

NADAL. Celebrarase o mércores 22 de decembro.

 

Segundo trimestre

 

DIA DA PAZ. Pasa a celebrarse o martes 1 de febreiro de 2011.

ENTROIDO. Será celebrado o venres 4 de marzo.

 

Terceiro trimestre

 

LETRAS GALEGAS. Celebrarase o luns 16 de maio.

FESTA FIN DE CURSO. Ao longo da semana do 20 ao 22 de xuño faranse distintas actividades ( Hinchables para E. Infantil e 1º Ciclo, Día do Deporte, entrega de orlas ).

 

Actividades programadas polos ciclos:

 

Educación infantil.

 

  • 4º E.I.: Granxa escola Aldea Nova.
  • 5º E.I.: Museo Bellas Artes e Granxa do Queixo.
  • 6º E.I.: Casa dos Peixes,Planetario e Marcelle.
  • Outras saídas comúns para os tres niveis:
  •  
    • Contacontos nas Torres de Santa Cruz.
    • Concertos no Auditorio de Mera.
    • Saídas ao entorno de Oleiros.

 

1º ciclo de primaria.

 

  • Coñecer Coruña: Visita aos bombeiros.

§        Coñecer Oleiros:
                  Contacontos.
                  Teatro.
                  Concertos.
                  Castelo de Santa Cruz, 1º Nivel.
                  Ría do Burgo, 2º Nivel.
                  Excursión" Fin de curso" para todo o Ciclo, sen concretar.

§        No colexio:
                  Animación á lectura, 1º Nivel.
                  Educación vial, 2º Nivel.
                  Charla "Decubrindo a natureza" da Consellería do Medio Rural para  o    Ciclo.

 

2º ciclo de primaria.

 

  • Coñecer Oleiros.

Concertos

Contacontos

Animación a lectura

Teatro

Visita a algunha zona da localidade.

  • Excursión " Fin de curso"         

 

 

3º ciclo de primaria.

 

§         No concello da Coruña:

o       Visita ao museo de Belas Artes

o       Exposicións temporais na Fundación Barrié, Fundación CaixaGalicia, MACUF ou na Fundación Luís Seoane

§        Co concello de Oleiros:

o      Coñecer Oleiros e a súa contorna

o      Concertos pedagóxicos da Escola Municipal de Música

o      Un día en Galicia

o      Programa complementario de Educación Física: remo, kaiak de mar e escalada deportiva e outras actividades

o      Encontros con escritores/as nas bibliotecas públicas (Programa das Bibliotecas Municipais)

o      Talleres de ilustración (Programa das Bibliotecas Municipais)

o      Excursión de fin de curso 6º de EP

§        Propostas polo profesorado de EF

o      Actividades de vela da Fundación Mª José Jove e Caixanova

o      Uso dos xardíns das Torres de Santa Cruz

o      Actividades impartidas por diferentes responsables de institucións e clubes deportivos.

§        Excursión de fin de curso de 5º de EP

§        E todas as outras actividades que programen o ENDL e o Equipo de Extraescolares

§        Conferencia sobre o uso responsable da INTERNET impartida pola Garda Civil

§        Valores de Futuro. O diñeiro nas nosas vidas, un programa educativo deseñado e xestionado por P.A.U. Education para BBVA.

Actuacións cos equipos dinamizadores.

 

Para algunhas celebracións estaremos en COORDINACION co ENDL. Así mesmo o EAEC manterá relacións cos demais equipos dinamizadores do Centro para colaborar na boa marcha das distintas actividades programadas por estes equipos. Será importante a colaboración co Equipo TIC para a difusión das actividades levadas a cabo no Centro para a súa difusión na páxina web.

 

Distribuir contido