Eventos
Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | 2 | 3 | ||||
4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 |
11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 |
18 | 19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 |
25 | 26 | 27 | 28 | 29 | 30 |
Transformando os patios
Toda a comunidade educativa queremos mellorar os patios, para que sexan máis inclusivos, para que fomenten o xogo e disfrute de todo o alumnado e para que potencien movemento, creatividade, colaboración...
O proxecto Patios Dinámicos é un proxecto participativo no que toda a comunidade educativa (nenas e nenos, familias, profesorado e profesional de administración e servizos) pode re-pensar os patios do noso colexio. Este Proxecto é froito da colaboración co profesorado de Terapia Ocupacional da Facultade de Ciencias da Saúde. Dende dita facultade, profesorado e alumnado colaboran coa planificación e execución de cada parte do proxecto.
A 1º parte do proxecto consistíu na planificación e invitación para a participación, e tivo lugar durante o curso 2017-18.
A 2ª parte do proxecto tivo lugar no 1º trimestre deste curso 2018-19. A través do Fotovoz, empregando a fotografía, alumnado, profesorado, persoal non docente e familias, reflexionamos sobre o que gusta e o que non gusta do patios, e sobre como melloralos.
Exemplo da proposta realizada polo alumnado de 5º A de E.P |
Na 3º parte, na que nos atopamos actualmente, estamos reunindo todos os datos para poder presentalos á Comunidade educativa e tomar decisións entre todas/os con respecto ás prioridades de actuación.
Os cambios se producirán nunha 4º etapa, e serán froito non so de cartos que se poidan conseguir para tal fin, senon sobre todo de “man de obra” que desde toda a Comunidade Educativa poidamos aportar.
Se queres saber un poco máis sobre esta iniciativa, consulta a páxina web de este proxecto. Preme aquí.