4º Curso

Charla para cuarto curso: O Alzheimer, A forza de bicos

 

 

 

A FORZA DOS BICOS.

O  pasado día 5 de marzo, o alumnado de 4º participou nun taller que tratou dun xeito lúdico e ameno un tema moi actual e que afecta a moitas familias: “

O ALZHEIMER: A FORZA DOS BICOS”.

Para dar a coñecer a problemática desta enfermidade, utilizáronse  dous contos que teñen como tema principal o alzheimer e a súa evolución.

O taller completouse cos debuxos do ilustrador Rafael Prieto e un vídeo-presentación da autora dun dos contos, Ana Bergua.

A actividade resultou interesante, informativa, práctica, curiosa e, pola forma de presentación, mesmo  graciosa, aínda que o tema sexa moi serio.

(4º)

Distribuir contido