Charla para cuarto curso: O Alzheimer, A forza de bicos
Enviado por adminm o Mar, 14/04/2015 - 08:51
|
A FORZA DOS BICOS. O pasado día 5 de marzo, o alumnado de 4º participou nun taller que tratou dun xeito lúdico e ameno un tema moi actual e que afecta a moitas familias: “ O ALZHEIMER: A FORZA DOS BICOS”. Para dar a coñecer a problemática desta enfermidade, utilizáronse dous contos que teñen como tema principal o alzheimer e a súa evolución. O taller completouse cos debuxos do ilustrador Rafael Prieto e un vídeo-presentación da autora dun dos contos, Ana Bergua. A actividade resultou interesante, informativa, práctica, curiosa e, pola forma de presentación, mesmo graciosa, aínda que o tema sexa moi serio. (4º) |