FESTA DA LECTURA DO LIBRO E DA PALABRA |
||
O día 23 de abril conmemórase o día do libro e o Concello de Ferrol organizou a Festa da Lectura do Libro e da Palabra cunha serie de actividades para os rapaces e o público en xeral: obradoiros de chapas e pinturas, espectáculos de contos, actuación do Real Coro de Toxos e Frores de Ferrol, presentacións de libros por diversos autores, representación de obras de teatro, espectáculo de maxia... As actividades terán lugar dende o día 19 ao 23 de abril no Concello. Premendo na imaxe accédese á descarga do cartel coas distintas actividades e horarios. |
||
O escritor ferrolán, Antón Cortizas, o padriño da nosa biblioteca, presenta o seu libro, Trastarabás, Enciclopedia dos brinqueidos tradicionais, na Festa da Lectura do Libro e da Palabra do Concello de Ferrol | ||
O acto terá lugar o martes 23 de abril, ás 7 da tarde. Tal como expresa a editorial Xerais, editora do libro, na súa páxina web " Nesta obra, o autor, ao longo de máis de mil páxinas, ofrece un extenso catálogo dos brinquedos e enredos diversos que forman parte da nosa tradicional cultura lúdica .... un libro que recompila nun só volume a meirande parte dos xoguetes tradicionais que formaron e forman parte da nosa cultura, clasificados en brinquedos do mundo animal, vexetal e inanimado, brinquedos de enxeño e habilidade, bonecas, brinquedos de desprazamento e transporte, arsenal infantil, brinquedos sonoros e xoguetes ou elementos para xogos regrados, entre outros. |
||
NO NOSO CENTRO TAMÉN CELEBRAMOS "O MES DO LIBRO" |
||
Por outra banda, no noso centro tamén conmemoramos o mes do libro con diversas actividades de contacontos, lectura de contos entre as diversas clases, dramatización dun pasaxe de "El Quijote" por parte do profesorado, canción de "Quijote, Sancho", decoración do centro co lema "Somos bos lectores", realización de murais.... |
||
No seguinte video temos a canción de "Quijote, Sancho" que utilizamos este ano para ambientar o día do libro.
|
||