LETRAS GALEGAS 2012
Olimpiada de xogos populares |
|||
Este ano a celebración das Letras Galegas comezou o venres, 11 de maio cun acto na biblioteca do centro: | |||
EDUCACIÓN INFANTIL O acto comezou cunha presentación en Power Point dun conto elaborado polo alumnado deste ciclo educativo (coloreado das diapositivas e narración), titulado O MOUCHO BUSCA UN AMIGO. Este conto enviarase ao CEIP San Sadurniño, pois forma parte, ademais, dun intercambio de produccións literarias feitas polo alumnado de dito centro e do noso.
A continuación o alumnado de E. Infantil recitou o poemade Gloria Sánchez titulado A POMBIÑA BRANCA. Premendo na imaxe pódese escoitar o poema nas voces dos nenos e nenas
Despois catro nenas de 4º de Primaria: Marta, Uxía, Lucía e Estela, cantan unha canción tradicional galega aos nenos e nenas. Para escoitar a canción premer na imaxe
E por último cantamos o HIMNO GALEGO. |
|||
EDUCACIÓN PRIMARIA O acto da biblioteca para E. Primaria xirou en torno ao tema dos XOGOS POPULARES. O alumnado visionou unha presentación de Power Point na que o propio alumnado do noso centro explican como se xoga a cada un deles.
A continuación viron dous vídeos representativos destes XOGOS TRADICIONAIS:
Rematamos o acto da biblioteca coa Muiñeira de Chantada interpretada por Carlos Núñez |
|||
O luns, 14 de maio, comezamos co acto no patio no que o alumnado de 6º le os seus traballos sobre a vida e obra de VALENTÍN PAZ ANDRADE e o alumnado de E. Infantil recitaron o poema que memorizaron, A POMBIÑA BRANCA. A continucación tivo lugar a OLIMPIADA DE XOGOS POPULARES no patio do colexio
O martes, 15 de maio, o alumnado de 2º B foi polas aulas representando unha canción: SE VAS A SAMBENITÍ
E o mércores, 16 de maio, para rematar a Semana das Letras Galegas, e grazas á colaboración da ANPA, gozamos do espectáculo de maxia do MAGO BENXAMÍN co que, tanto os máis pequechos coma os maiores, pasamos uns momentos moi divertidos. |
|||
|
|||
Esta é a presentación con algunhas fotos representativas de cada actividade | |||
Nesta presentación pódense ver os murais e as produccións do alumnado relacionados coa celebración das Letras Galegas | |||
Para ver a totalidade das fotos desta conmemoración, acceder á nosa Galería premendo na imaxe |
|||