Temos un xardín dentro do cole!!! É O Xardín das Letras!
Unha morea de flores multicolores cheas de poesías de poetas galegos decoran o colexio nesta festa da literatura galega. Tamén temos unha exposición de libros, carteis e fotografías alusivas ao escritor Uxío Novoneira, que é o escritor homenaxeado este ano.
Mirade moi ben todo, veredes que flores tan chulas! e buscade tamén o nome de cada aula, ten o nome dun escritor ou escritora galegos!
O venres 14 de maio fixemos a Festa das Letras Galegas na que limos poesías, escoitamos música galega en directo, cantamos A rolda das flores, O himno galego e como xa vén sendo unha tradición, cantamos e sobre todo, bailamos A saia de Carolina. Que ben o pasamos!!!
Para ver a totalidade das fotos do acto de celebración hai que premer na imaxe
Tivemos tamén a visita da escritora galega Ánxela Loureiro, que nos falou de moitas cousas da súa vida de escritora e ata xogou con nós!