MEMORIA FINAL DE CURSO | ||||
|
Premer na imaxe para acceder á MEMORIA DE FINAL DE CURSO |
Recollerá a avaliación do grado de cumprimento da Programación Xeral Anual (PXA) e as súas conclusións. Consistirá nun balance crítico, unha autoavaliación do cumprimento da PXA e mailas propostas concretas de mellora. - Será elaborada polo equipo directivo tendo en conta os informes presentados polo órganos de coordinación docente que recollerán unha avaliación do grado de consecución dos obxectivos que se propuxeron, analizando as dificultades e resultados obtidos. - Conterá tamén un apartado económico, realizado polo secretario/a do centro. - Será presentada ao claustro na última sesión do curso, quen achegará as suxestións e consideracións oportunas emitindo un informe que se incorporará á mesma. - As asociacións de pais/nais poderán presentar ao equipo directivo a memoria das actividades desenvolvidas e suxestións sobre as mesmas que se unirán como anexo final. - Presentarase ao Consello Escolar na última sesión para o seu estudio e informe. - Remitirase unha copia da Memoria, antes do 10 de xullo, á inspeción educativa. |
|
|