O 11 de outubro os nenos e nenas de 1º ciclo fixemos unha etapa do Camiño de Santiago, en concreto, fomos dende Neda ata Xubia. Fixémola ao revés por cuestións organizativas. Máis foi un camiño moi fermoso e ateigado de sorpresas presentes na natureza . Pasamos por enriba dun río, vimos parrulos nadando nas súas augas, árbores que nos apertaban ao pasar e camiñantes coma nós aos que lle desexábamos que tivesen un bo camiño.
Pasámolo fenomenol, ademais de que tivemos un día moi bonito e luminoso. Coma colofón , desfrutamos duns momentos de merenda e xogos no parque de Xubia.
Merendamos , collemos enerxía e deseguido, lanzámonos aos tobogáns, ás randeeiras, ás redes para escalar,....etc
SE QUEREDES VER TODAS AS FOTOS DESTA SAÍDA PREMEDE NA CÁMARA DE ABAIXO.