|
||||
María Rosalía Rita de Castro (Santiago de Compostela, 23 de febreiro de 1837-Padrón, 15 de xullo de 1885) foi unha poeta e novelista española que escribiu tanto en galego como en castelán. Considerada entre os grandes poetas da literatura española do século XIX, representa, xunto a Eduardo Pondal e Curros Enríquez, unha das figuras emblemáticas do Rexurdimento galego, tanto pola súa achega literaria en xeral coma polo feito de que "Cantares gallegos" sexa considerada a primeira gran obra da literatura galega contemporánea. Ata hai pouco descoñecíase a data real de nacemento da poeta galega. Por iso foi homenaxeada o 24 de febreiro, día en que foi bautizada. Pero unha recente investigación de Sagrario Abelleira revela que Rosalía naceu o 23 de febreiro. Así que, a partir de agora, esa é a data da celebración.
|
||||
RECURSOS DE ROSALÍA DE CASTRO | ||||
Premendo na imaxe accedese a unha serie de recursos sobre Rosalía de Castro: Biografía, obras, actividades, unidades didácticas... |
||||
ASI CONMEMORAMOS O DÍA DE ROSALÍA NO NOSO CENTRO | ||||
ROSALÍA 2024 |
||||