RICARDO CARVALHO CALEROFOI CRÍTICO LITERARIO, FILÓLOGO, HISTORIADOR DA LITERATURA GALEGA, LINGÜISTA, NOVELISTA... E O PRIMEIRO CATEDRÁTICO DE LINGUA E LITERATURA GALEGA DA UNIVERSIDADE COMPOSTELÁ. A EL DEDICÁMOSLLE O DÍA DAS LETRAS GALEGAS DESTE ANO.
NACEU NA CIDADE DE FERROL O 30 DE OUTUBRO DE 1910. ERA O PRIMOXÉNITO DE GABRIEL RICARDO E Mª DOLORES, QUE TIVERON CINCO FILLOS MÁIS. A SÚA NAI APRENDEULLE A LER USANDO AS PÁXINAS DO XORNAL.
O ENSINO PRIMARIO REALIZOUNO EN FERROL, NUNHA ESCOLA DA RÚA MAGDALENA E DESPOIS NUN COLEXIO DIRIXIDO POLO ESCRITOR MANUEL COMELLAS. O BACHARELATO FÍXOO «POR LIBRE», REALIZANDO EXAMES EN VARIOS INSTITUTOS.
EN 1931 REMATOU A CARREIRA DE DEREITO NA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO, COA CUALIFICACIÓN DE SOBRESALIENTE, FACENDO OS CINCO CURSOS DA CARREIRA EN SÓ CATRO ANOS. FOI O ENCARGADO DE PRONUNCIAR O DISCURSO DE INAUGURACIÓN DO CURSO 1930-1931.
AO CHEGAR A SANTIAGO ENTROU A FORMAR PARTE DO SEMINARIO DE ESTUDOS GALEGOS, CREADO EN 1923 CO OBXECTIVO DE ESTUDAR E DIVULGAR O PATRIMONIO E A CULTURA GALEGA. NESTE GRUPO RICARDO CHEGARÍA A SER CONSELLEIRO E SECRETARIO XERAL.
EN SANTIAGO REALIZOU O SERVIZO MILITAR OBRIGATORIO. UNS ANOS DESPOIS, EN 1936, PARTICIPOU NA GUERRA CIVIL CONTRA OS MILITARES GOLPISTAS E DEFENDENDO A REPÚBLICA. FOI DETIDO E CONDENADO A DOCE ANOS DE CÁRCERE, DOS QUE SÓ CUMPRIU DOUS.
AO VOLTAR A GALIZA ENTROU A TRABALLAR NO COLEXIO FINGOI, DE LUGO, ONDE ESTIVO COMO PROFESOR E CONSELLEIRO DELEGADO DURANTE QUINCE ANOS. COORDINOU O CENTRO DE ESTUDOS FINGOI QUE PUBLICOU LIBROS EN GALEGO.
ENTROU A TRABALLAR COMO PROFESOR NO INSTITUTO ROSALÍA DE CASTRO DE SANTIAGO EN 1965 E EN 1972 APROBOU AS OPOSICIÓNS Á CÁTEDRA DE LINGUA E LITERATURA GALEGA DA UNIVERSIDADE COMPOSTELÁ CONVERTÉNDOSE NO PRIMEIRO CATEDRÁTICO DESTA ESPECIALIDADE.
EN 1966 APARECE, PUBLICADA POLA EDITORIAL GALAXIA, A PRIMEIRA EDICIÓN DA SÚA Gramática elemental del gallego común, UN MATERIAL DIDÁCTICO INEXISTENTE NESES ANOS E QUE SERÍA REEDITADO SETE VECES.
Gramática elemental del gallego común, ESCRITA POR RICARDO CARVALHO E PUBLICADA EN 1966, ESTABA DIRIXIDA AO ALUMNADO DA UNIVERSIDADE E AO PROFESORADO DE PRIMARIA QUE, DAQUELA, NON TIÑAN UNHA GRAMÁTICA NO NOSO IDIOMA.
RICARDO ESTÁ CONSIDERADO COMO O IDEÓLOGO DO «REINTEGRACIONISMO», UNHA CORRENTE LINGÜÍSTICA QUE DEFENDE QUE O GALEGO É UNHA VARIANTE DO PORTUGUÉS E PROPÓN O USO DUNHA GRAFÍA BASEADA NA NORMATIVA PORTUGUESA.
RETIRADO DUNHA DAS SÚAS GRANDES PAIXÓNS, O ENSINO, OS ÚLTIMOS ANOS DA VIDA DEDICOUNOS A DAR CONFERNECIAS, PUBLICAR ARTIGOS E PROSEGUIR CO SEU TRABALLO LITERARIO E ENSAÍSTICO. EN XANEIRO DE 1990 A CIDADE DE FERROL DISTINGUINO COMO FILLO PREDILECTO. POUCO DESPOIS, O 25 DE MARZO DESE MESMO ANO, FALECEU EN SANTIAGO DE COMPOSTELA.
PROXECTO AS PITAS BAIXO A CHOIVA
da Coordenadora de Equipas de Normalización de lingüística de Ferrolterra
SERIE DE CARICATURAS DE CARVALHO CALERO
ELABORADAS POR SIRO
MOSTRAS GAÑADORAS DO CONCURSO - EXPOSICIÓN LETRAS GALEGAS 2020