SAMAÍN 2019

         
             
   

O pasado 29 de outubro aterrou o Samaín no noso colexio. E, ainda que se celebrou pola tarde coa

compaña das nais e pais do alumnado, encheu dende a mañá todo o colexio de vermello, negro e branco

en forma de rexoubeiras bruxas cos seus sombreiros picudos, de namoradizas noivas cadáver saídas da

célebre película de Tin Burton, de elegantes dráculas engominados procedentes do romenio castelo de

Bran e de esqueletes que viñan do cemiterio de Catabois e de camposantos de arredores.

 

   
                  
   

 

    

 

   
   

Esta foi a exposición  dos murais e bruxas realizados polo alumnado e das cabazas decoradas polas familias.  

   
   

    

   
   

            

   
     Velaquí algúns dos traballos realizados.    
         
   

 

Xa pola tarde fixemos o desfile de cabazas decoradas polas familias, con moita fantasía e coidado.

De seguido os compoñentes do coro, acompañados pola mestra de música, entoaron moi ben a canación titulada:

"A pantasma Jonh"

 


   
   

Despois de tanto desfile tocaba merendar.

As sobremesas terroríficas estaban riquísimas!!

As familias do Isaac Peral deberían apuntarse a M@ster Chef!

Seguro que algunha gañaba.

Todo un banquete de pratos coa iconografía do Samaín!!


Parabéns polas vosas sobremesas!!

 

   
   

   

   
   

Tamén houbo unha demostración de bailes coa dirección de dúas alumnas de 5º, que amosaban o mundo dos mortos.

 

   
         
   

Para acceder a todas as imaxes da celebración do Samaín premer na cabaza 

 

E así aparecía nas redes sociais o agradecemento ás familias pola súa participación no Samaín

    

   
         

Powered by Drupal - Design by artinet