COMEZA O PROCESO ELECTORAL DA RENOVACIÓN DO CONSELLO ESCOLAR 2024 | ||||
CONSTITUCIÓN DA XUNTA ELECTORAL De conformidade co establecido na Resolución do 10 de setembro de 2024 da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, realizarase proximamente neste Centro a RENOVACIÓN do CONSELLO ESCOLAR que é o instrumento de participación na vida escolar de todos os sectores educativos do Colexio. Este curso corresponde renovar 3 pais/nais, 3 profesores/as e 1 PAS. O proceso electoral comeza coa formación da XUNTA ELECTORAL, órgano encargado de organizar e supervisar o procedemento de elección dos novos membros do Consello Escolar. Esta Xunta Electoral está formada por: - O Director ou directora do Centro. - Un profesor ou profesora. - Un pai ou nai ou titor legal. - Un representante do persoal de administración e servizos Os tres últimos serán designados por sorteo segundo establece o artigo 30 do Decreto 92/1988, do 28 de abril, redactado conforme ao establecido na disposición adicional primeira do Decreto 324/1996, do 26 de xullo (DOG do 9 de agosto). Dito sorteo, que será público, celebrarase neste Centro o próximo venres 18 de outubro ás 9:15 horas na secretaría do centro. |