COMEZO DO CURSO ESCOLAR 2019-2020

Ante as noticias dos últimos días vémonos na obriga de aclarar que o comezo do curso será tal como estaba previsto o día 11 de setembro ás 8:50 horas. Todas as partes están poñendo da súa parte para que o comezo de curso sexa o máis satisfactorio posible, sempre pensando no ben dos cativos/as que van comezar na escola. Toda a comunidade educativa está traballando arreo para que as aulas teñan o material dispoñible para o mércores.

Sen embargo, por problemas loxísticos o servizo de comedor e madruga non comezarrá a funcionar ata o luns 16 de setembro.

 

Sentimos as molestias que poidan xurdir de última hora, esperando que estén compensadas polo cambio a mellor que estamos experimentando no noso centro.

Moitas grazas pola vosa colaboración.

 

A dirección do CEIP Plurilingüe Igrexa Chapela