O noso colexio

01/02/2019 12:07
Atlantic/Bermuda

Aquí vos deixamos información sobre o noso colexio para a admisión do alumnado do curso 2019/2020. Para calquera dúbida ou información poñédevos en contacto connosco. Durante todo o mes de febreiro podedes contactar connosco para visitar o centro. Recordade que con toda probabilidade o curso que ven estrenaremos centro novo!!!

 

Noticias Igrexa (segundo capítulo)

Imos co segundo capítulo da nosa radio escolar semanal. Aquí tedes a nova emisión, da que falamos do entroido. Dádelle ao "play"

 

 

Noticias Igrexa: A nosa radio escolar

Hoxe comezamos a nosa andaina coa Radio Escolar. Esta idea parte do EDNL, xunto coa profe de música. Cada semana realizaremos un podcast das cousas que acontecen na nosa escola. Espero que vos guste!!! A transmisión na escola será os venres á hora do recreo

 

Estade moi atentos!!

 

O Día da Paz (30 de xaneiro de 2018)

Así celebramos o Día da Paz e da Non violencia escolar no noso colexio. Entre todos fixemos un mural sobre distintos personaxes gañadores do premio Nobel da Paz e despios pegamos as nosas mans cos mellores desexos. Os de 6º de primaria fixeron unha pequena presentación sobre o Día da Paz e despois comentaron cada un deles que era para eles a paz. Para finalizar todos xuntos cantamos a canción de "Todos somos capitáns" de Magín Blanco. Aquí tedes o vídeo do resumo.

 

 

Ordes do Meco

Aquí tedes as ordes do Meco de este ano!! Non vos despistedes!! Comezamos a semana máis festeira do ano!!

 

 

 

Enquisa para o profesorado sobre o uso do galego

Aquí tedes a enquisa sobre o uso do galego para o profesorado. Por favor, cubrídea para poder actualizar os datos socilingüísticos do centro.

 

 

Enquisa sobre o uso do galego

Aquí tedes a enquisa sobre o uso do galego. Podedes cubrila dende aquí para obter os datos necesarios para traballar no noso colexio. Moitas grazas por colaborar!!

 

 

 

 

LIBROS DE TEXTO CURSO 2017/2018

No ficheiro adxunto podedes descargar a lista definitiva dos libros de texto do curso 2017/2018

AXUDAS DE LIBROS E MATERIAL PARA 1º E 2º DE PRIMARIA

AXUDAS PARA LIBROS E MATERIAL PARA 1º E 2º

Os vales xa se poden recoller no centro

RESOLUCIÓN PROVISIONAL DO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO (3º,4º,5º,6º)

RESOLUCIÓN PROVISIONAL DO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO (3º, 4º, 5º e 6º)

Contra esta resolución provisional pódense presentar reclamacións os días 5 e 6 de xullo.

O luns día 10 de xullo pódese pasar polo centro para ver a resolución definitiva de libros e material.

Distribuir contido