Nota informativa da ANPA

Vos deixamos a nota informativa da ANPA recibida o día 4 de novembro de 2019

 

 

ENLACE PARA O BLOG DA ANPA

O blog da ANPA xa volve a estar activo. Se queredes acceder a el clicade neste enlace.

https://anpacolegioigrexa.blogspot.com/?m=1

Ademais teredes un enlace permanente a este blog na parte lateral dereita desta páxina.

 

XORNADA DE PORTAS ABERTAS

O próximo martes 1 de outubro faremos unha xornada de portas abertas para que todo aquel que queira coñecer o noso centro de primeira man poida facelo. O horario será dende as 16 horas ata as 17 horas. Prorcuraremos facer unha pequena visita guiada para que coñezades de primeira man o noso centro. Pedimos disculpas xa de antemán polos pequenos desperfectos que puidese haber, xa que aínda estamos instalándonos e quedan moitas cousas por acabar. 

AXUDAS PARA ALUMNADO CON NECESIDADES ESPECÍFICAS DE APOIO EDUCATIVO

Xa está aberto o prazo para solicitar as Axudas para o alumnado con necesidades edicativas do curso 2019-2020 convocadas polo MEC.

 

 

COMEZO DO CURSO ESCOLAR 2019-2020

Ante as noticias dos últimos días vémonos na obriga de aclarar que o comezo do curso será tal como estaba previsto o día 11 de setembro ás 8:50 horas. Todas as partes están poñendo da súa parte para que o comezo de curso sexa o máis satisfactorio posible, sempre pensando no ben dos cativos/as que van comezar na escola. Toda a comunidade educativa está traballando arreo para que as aulas teñan o material dispoñible para o mércores.

AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS E MATERIAL ESCOLAR PARA EDUCACIÓN INFANTIL DO CONCELLO DE REDONDELA

Publicación das axudas para a adquisición de libros e material escolar para a educación infantil do Concello de Redondela

PRAZO PARA AS SOLICITUDES. DO 11 DE XULLO AO 31 DE XULLO

Adxuntanse anexos I e II e toda a información para poder descargalo

 

LISTAXE DEFINITIVO DAS AXUDAS DE FONDOLIBROS PARA O CURSO 2019-2020

Publicación das listas definitivas para a axuda de fondolibros para o curso 2019-2020

 

 

 

LISTAXE PROVISIONAL FONDO LIBROS

Listaxe provisional de admitidos e excluidos de fondo libros para o curso escolar 2019-2020

 

 

LIBROS DE TEXTO CURSO 2019-2020

Aquí tedes a listaxe dos libros de texto para o vindeiro curso. Se tedes algunha dúbida de cal tedes que mercar poñerse en contacto co colexio.

 

 

CALENDARIO PARA A DEVOLUCIÓN DE FONDO LIBROS E VALES DE MATERIAL

                   libros de texto

 

Aquí tedes as datas para a recollida dos libros, presentación de solicitudes e recollida de material:

Distribuir contido