Blogues

O himno Galego

Aquí tedes o Himno Galego. O reto é cantalo todos xuntos na pista!!! Seremos quen de conseguilo??

 

BECAS NEAE 2024-2025

                                                       Becas neae

 

Xa está aberto o prazo para solicitar as becas para o alumnado con NEAE. O prazo vai dende o 30 de abril ao 13 de setembro de 2024. Para máis información podedes dirixirvos á páxina web do ministerio clicando neste enlace:

- Becas NEAE 2024-2025

Admisión curso 2024-2025

                                                 Solicitudes admisión

Plan Estratéxico de mellora dos centros

PEM

 

O noso centro escolar está adherido ao Plan estratéxico de mellora dende o curso 2021/2022. Os cambios constantes na sociedade, e por ende, na educación, son resultados do análise tanto implícito como explícito da nosa realidade. Algúns destes cambios ocorren como resultado dun plan de mellora escolar. Os cambios poden non ser consistentes entre si ou co desenvolvemento da inclusión. 

O cambio nos centros escolares transfórmase nunha mellora inclusiva cando está baseado en valores inclusivos. Facer o correcto implica relacionar as distintas prácticas e accións escolares cos valores. Relacionar as túas accións cos teus valores pode ser o paso máis práctico para a mellora do teu centro. A participación implica aprender, xogar ou traballar en colaboración con outros. Trátase de poder facer eleccións e de ter algo que dicir sobre o que facemos. Más profundamente ten que ver con ser recoñecido e aceptado por nós mesmos. 

Velaquí tedes uns cuestionarios para poder analizar, impulsar ou incluso cambiar aspectos tanto do equipo dirctivo, profesorado ou centro escolar. Todos os datos obtidos axudarán a poder mellorar o noso centro e ofertar á contorna un centro educativo que atenda as demandas da nosa contorna máis próxima. A paricipación da comunidade educativa é fundamental para poder transformar a nosa visión, cara unha educación de calidade donde teñamos en conta todos os aspectos.

Os cuestionarios que atopades aquí son os seguintes:

- Cuestionario 1 e 2 : É para mestrxs, familias e PAS. Clicade nos enlaces para acceder

https://abalarbox.edu.xunta.gal/index.php/apps/forms/55czHYf4n7Yxfwoq

https://abalarbox.edu.xunta.gal/index.php/apps/forms/A4CNFANL7fzomZ5Z

- Cuestionario 2: É para o alumnado: Clicade no enlace para acceder

https://abalarbox.edu.xunta.gal/index.php/apps/forms/QdEeFJpwmtKqSFXy

 

 

 

Actividade para o día do libro

Actividades do día da Paz

Unha das actividades que realizaron o noso alumnado relacionado co día da Paz foi manifestarse e agasallar aos peregrinos e transeúntes da Senda da Auga cuns peequenos detalles feitos por eles e elas mesmos/as que transmitían paz. Foi unha gran experiencia que quedou plasmada nun periódico local, do que vos deixamos aquí unha copia ao igual que unhas imaxes relacionadas coa actividade. De seguro que volveremos a realziar algo similar!!

 

 

Senda1Senda2

Senda3Senda4

 

 

Organización do entroido

Ordes do meco 2024

Aquí tedes as ordes do meco de este ano. Comezamos o luns!!!  Xa sabedes!!

 

 

 

Canción para o día da paz

O alumnado de 6º de primaria esttá traballando o ODS relacionado coa paz e a xustiza. A proposta é ensinarlles a todo o cole a canción "Los niños queremos la paz" con linguaxe de signos. Vos animades a aprendela???

 

 

Distribuir contido