O prazo máximo para devolvelos será o 21 de xuño 2023. Non se admitirán devolucións despois dese día e marcarase na aplicación como non devoltos. A falta de devolución será causa de exclusión da participación no fondo solidario e das axudas para adquirir libros de texto e material escolar no curso 2023/24.
CONDICIÓNS DE DEVOLUCIÓN
Prazo de devolución: ata mércores 21 de xuño.
Devolveranse baixo a supervisión da titoría, que comprobará se cumpren as condicións de devolución.
-
Os libros deben ser devoltos en bo estado, sen o forro, sen marcas de lapis, bolígrafo, pegamento, e sen nome (retírenlle as etiquetas co nome do alumno ou alumna).
-
O ACTIVITY BOOK non se devolve, considérase material funxible. O CLASS BOOK é o que hai que devolver, de ser o caso.