Skip to Content

FONDO DE LIBROS 23-24

FONDO LIBROS

CONVOCATORIA DO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR PARA O ALUMNADO DE PRIMARIA, ESO E EDUCACIÓN ESPECIAL PARA O CURSO ESCOLAR 2023/2024.

Códigos de procedemento ED330

 NORMATIVA

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES 

  •  O prazo para presentar as solicitudes é dende o 20 de maio ao 21 de xuño de 2023 ambos inclusive.

FORMA DE PRESENTACIÓN

  • Electrónica (Procedemento ED330B) a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal
  • Presencial con asistencia da aplicación: cubrir os datos na aplicación (https://www.edu.xunta.gal/fondolibros), imprimir os Anexos I e II e presentalos no centro
  • Presencial: cubrir os Anexos I e II e presentalos no centro de luns a venres de 9:30 h a 13:00 h.  

DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR

  •  ANEXO I   
  •  ANEXO II, comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar.    
  •  Copia do libro de familia onde figuren todos os membros computables. Nos casos en que non teñan libro de familia ou este non reflicta a situación a 31 de decembro de 2021, poderán acreditar o  número de membros utilizando os seguintes medios:

a) Sentenza xudicial de separación ou divorcio ou, de ser o caso, convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor.

b) Certificado ou volante de convivencia.

c) Informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia.

  • Certificado do grao de discapacidade de calquera membro da familia recoñecido por un órgano que non pertenza á Xunta de Galicia.        
  • Documentación xustificativa da situación de violencia de xénero.      
  • A incapacitación xudicial con patria potestade prorrogada ou rehabilitada acreditarase coa correspondente resolución xudicial.          
  • Resolución administrativa ou xudicial acreditativa da situación de acollemento ou do certificado do centro de menores, para o alumnado en situación de tutela ou garda da Xunta de Galicia.      
  • Certificado de convivencia, volante de convivencia ou informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia, no caso de que o pai e a nai ou titor/a ou titores carezan de DNI e NIE.

Deberán achegar FOTOCOPIAS e os respectivos ORIXINAIS  de toda a documentación para verificar a súa autenticidade.

DESTINATARIOS

  •   Fondo solidario de libros de texto (préstamo libros): só para alumnado que vaia a cursar 3º , 4º, 5º e 6º de primaria.
  •   Axudas para adquirir libros de texto: so para alumnado que vaia a cursar 1º e 2º de primaria.
  •   Axudas para adquirir material escolar: todo o alumnado que vaia a cursar primaria cando reúnan os requisitos establecidos na orde.

PUBLICACIÓN DE LISTAXES

  •  Listaxes provisionais: 27 de xuño
  •  Reclamación ás listaxes provisionais: 28 e 29 de xuño (2 días posteriores á publicación)
  •  Listaxes definitivas: 3 de xullo

ENTREGA DE VALES: entre o 4 e o 10 de xullo ou a partir do 1 de setembro

ENTREGA DE LIBROS: a partir do 1 de setembro

MANUAL USUARIO SOLICITANTES

ANEXO I-II castelán

ANEXO I-II galego

AdxuntoTamaño
orde 10 de maio.pdf1.16 MB
extracto da orde 10 de maio.pdf435.83 KB
Manual usuario solicitantes.pdf3.17 MB
Anexo I e II_castelán.pdf1.61 MB
ANEXO I e II _ GAL.pdf1.61 MB


story | by Dr. Radut