O día 5 de abril é publicada no DOG a Orde do 24 de marzo de 2023 pola que se convoca concurso de méritos para a selección e nomeamento da dirección dos centros docentes públicos que imparten as ensinanzas reguladas na Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de Educación.No Anexo I da citada Orde aparece o CEIP A Igrexa-Calo como un dos centros nos que é preciso realizar este proceso.Segundo o recollido no Art.6 da Orde, a Comisión encargada da Selección, nomeada pola persoa titular da xefatura territorial da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, terá como sede a localidade e local que decida a súa presidencia e a seguinte composición:
-
Dúas persoas pertencentes ao corpo de inspección educativa.
-
Un director ou directora en activo en centros que impartan as mesmas ensinanzas.
-
Tres docentes do centro elixidos polo claustro de profesorado
1.- Natalia Pena Couceiro
2.- Gregorio San Miguel Bartolomé
3.- Patricia Rey Parrado
- Tres membros non docentes do consello escolar elixidos polo propio consello escolar
1.-María José Vieites Ruibal
2.- Milagros Liñares Giménez
3.- María López Álvarez
Rematado o prazo de presentación de candidaturas, quedaron rexistradas as seguintes:
Pablo Barge Carrete, con destino no Ceip A Igrexa-Calo