Contamos no noso centro con un comedor que da servizo a 286 prazas para o alumnado.
O uso do comedor implica unha serie de condicións e obrigas recollidas na INSTRUCIÓN 1/2024, DA SECRETARÍA XERAL TÉCNICA DA CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN, CIENCIA, UNIVERSIDADES E FORMACIÓN PROFESIONAL, DO 1 DE XUÑO, SOBRE FUNCIONAMENTO DOS COMEDORES ESCOLARES DE XESTIÓN DIRECTA NO CURSO ESCOLAR 2024-2025
Comunicación de NON USO do servizo de comedor.
Se por calquer circunstancia, un dos días non se vai usar o comedor, incluso aínda que teña dereito á gratuidade total do servizo de comedor, debe avisar da ausencia antes das 9:45 do día que non vaia a facer uso do comedor. Pode avisar dos seguintes xeitos:
- En conserxería, cubrindo o formulario dispoñible. Formularios e Impresos.
- Por email: Asunto: COMEDOR. Enviando cuberto o formulario de non uso do comedor ou escribindo no mail o nome e DNI da persoa responsable do alumno/a, e o nome do alumno/a que non van facer uso do servizo.
Perda do uso do dereito ao comedor:
- Os usuarios/as do servizo de comedor escolar que durante o prazo dun mes de xeito continuado non fagan uso do citado servizo coa frecuencia solicitada, causarán automaticamente baixa no servizo, agás causas debidamente xustificadas polos usuarios/as ante a dirección do respectivo centro educativo.
- Os usuarios/as do servizo de comedor escolar que en tres ocasións non comuniquen a súa ausencia antes das 9.45 horas do día que deba ter efecto, poderán ser suspendidos pola Dirección do dereito ao uso do servizo durante 10 días.
NORMATIVA COMEDORES ESCOLARES:
Adxunto | Tamaño |
---|---|
INSTRUCCION COMEDOR 2024_25.pdf | 424.08 KB |