Ir un chisco máis alá.

Sitio: Aula Virtual Ceip Plurilingüe A Igrexa-Calo
Curso: Axudas para a Aula Virtual
Libro: Ir un chisco máis alá.
Impreso por: Usuario convidado
Data: sábado, 19 de outubro de 2024, 5:47 AM

Descrición

Probablemente o maior problema de moodle sexa a increible cantidade de posibilidades que ofrece.

Outras plataformas de formación a distancia elearning céntranse en ofertar só algúns elementos pero facelo dun xeito moi amigable.

Algunhas tiran do potencial base da empresa cas fornece como clasroom de google ou learn academy de microsoft. Outras forman parte de todo un imperio da educación como khan-academy.

Pero o maior problema de moodle e tamén a súa maior fortaleza: existen múltiples opción xa que calquera pode engadir novas opcións.

Se andades a procurar un algo máis achégo algunha referencia das 55.800.000 que ofrece google.

1. Contidos

Neste apartado vemos distintos aspectos, non necesariamente relacionados, referentes ao aula virtual.

Esta sección está sempre inconclusa e sempre podemos engadir novas páxinas con novas temáticas avanzadas.

Actualmente temos rematadas ou en construción as seguintes páxinas:

♦ O scroll da morte

 O curso da URJC (sen master, conste)

 Comentarios en libreoffice word, ms word e google doc

 O libro de cualificacións

Escalas de cualificación numéricas e non numéricas

Actividades externas

· Utilizar un paquete scorm

Gamificación

♦ Avaliando competencias

♦ Actividade de glosario

♦ Actividade de base de datos

♦ Banco de preguntas. Tipos. (en preparación)

2. A Estética e o scroll da morte.

* Cando un curso de Moodle é extenso as novas actividades están situadas moi abaixo e temos que baixar e baixar e baixar pola pantalla coa roda do rato. Tanto e tanto "scroll" condúcenos ata o "scroll of death"

Un dos primeiro vídeos titoriais propostos, o nº 2 de Web Dinámicas introdúcenos no uso das etiquetas para mellorar a parte estética dos nosos cursos,

Tamén nas páxinas de nivel inicial fixemos referencia a un artigo de Inés Andres publicada en "en la nube TIC" titulada  "Moodle básico, para quienes se pelean con Moodle". Neste artigo fai referencia ao uso das lapelas para organizar mellor os contidos e evitar o famoso "scroll da morte" de moodle.

Sobre o scroll da morte vai o seguinte artigo que referencio, tamén publicado "en la nube TIC" por Andoni Sanz que tenta de solucionar o problema desde varias ópticas moi interesantes, este é o artigo.

Outra aproximación aa unha solución do problema a podemos ver Scroll de la muerte - debate - ideas - Moodle en Español dentro dos foros de moodle.

En inglés falan do "scroll of Death" e ten a súa entrada nas páxinas de referencia de moodle

E unha quinta aproximación a podedes atopar en Secciones flexibles; Enseñanza flexible: una revisión del plugin de Moodle publicado por Claudia Dent nas páxinas de Moodledocs.

A maioría das solucións pasan por tres conceptos:

  1. Utilizar formatos de cursos diferentes de semanal e temas.
  2. Agrupar e colapsar as actividades.
  3. Ordenar, reordenar e destacar as actividades para achegar ao alto da pantalla as novas actividades

Se preferides vídeos podemos ver 2 de bastante interese.

,

Neste outro vídeo inferior podedes ver unha primeira solución ao problema do scroll que tedes xa aplicada no deseño básico que demos na nosa aula virtual ao comezo do curso 2020/21 (cada sección ten a súa páxina)

3. Curso moodle da Universidade Rey Juan CArlos

Na URJC veñen publicando vídeos formativos sobre Moodle desde fai varios anos e o mellor de todo e que vanos adaptando as novas versións da plataforma.

Actualmente, xaneiro 2021, están a comezar a publicación adaptada a Moodle 3.9.

Imos destacar algunha das propostas da última publicación rematada (Moodle 3.5):

No meu entender é mellor non ver toda a serie de 29 vídeos que son cortos (non pasan de 4 min cada un) pero que como mínimo poden provocar indixestión ou empacho.

A proposta que se fai é a de gardar as referencia e mirar aqueles que teñan interese para un determinado momento. 

Deixo algúns elementos salientables:

E tamén:

A URJC publica vídeos desde 2014, versión de Moodle 2.2.

Cada serie de vídeos publicados non é exactamente como a anterior nen cubre as mesmas referencias, as veces debido novas inclusións en Moodle, outras por telo decidido así.

En ocasións paga a pena ver varios vídeos de versións distintas para comprender a mesma referencia.

4. Comentarios

Nos cursos superiores podemos propor ao alumnado tarefas que se realicen cun procesador de texto. Nestes casos ao alumnado podémoslle pedir que entregue un arquivo en formato pdf pero en ocasións preferimos que sexa un formato editable.

Como podemos engadir comentarios nun traballo entregado en libreoffice writer, en MS Ofice doc ou en Google doc?

Imos velo un por un:

Google doc e o resto das aplicacións de Google Suite son, sobre todo, colaborativas. Varias persoas poden estar a traballar ao mesmo tempo sobre o mesmo documento ou folla de cálculo ou debuxo. 2 exemplos:

  • Estando cada quen na súa casa o alumnado de 4º B, por grupos de 3 ou 4, fixeron un traballo de escritura conxunta dunha "obra" de teatro.
  • O curso pasado, cando o confinamento, o alumnado de 3ºB, en grupos de 5 ou 6, prepararon un cómic co soporte de Google Presentacións.

O profesor é quen aloxa o documento, preferentemente nunha zona reservada -polo da protección de datos- e pode entrar a ver, a corrixir e a comentar.

Na aula virtual están as ligazóns ao documento de traballo de cada grupo e as explicación da tarefa. Cando o grupo remata entrega a tarefa, 3 letras, "fin" e xera un espazo para avaliar ao grupo. A avaliación numérica introdúcese na aula virtual como unha entrada de tarefa simple no libro de cualificacións.

Como se fan comentarios, que non modifican o documento, en Google Suite. se segue esta ligazón podes ler a explicación de Google.

5. O libro de cualificacións

A práctica totalidade das actividades e tarefas que podemos propoñer ao noso alumnado na aula virtual pode ser avaliado dentro da aula.

Os foros, os glosarios, as bases de datos, os obradoiros, as leccións, as probas,... xeran manual ou automaticamente un espazo de avaliación.

Como garda o aula virtual os resultados da avaliación. No libro de cualificacións.

O libro de cualificacións é accesible polo profesorado e tamén polo alumnado.
Cando se deseña un curso pódese retirar o acceso ao alumnado.

O profesorado dun curso accede a todos os datos. O alumnado só pode ver os que lle son propios.

Se queres afondar sobre o tema podes consultar os capítulos que correspondan dos manuais en formato pdf que compartimos no apartado documentación en pdf.

Por exemplo, no Manual de Moodle 3.3 da UPM, podedes ver o capítulo 2.4 (px 68) referido a xestión das cualificacións.

Tamén hai referencias no curso da URJC da que falamos na "folla" anterior deste caderno.

Para ver máis achégovos os resultados dunha procura do término gradebook feita dentro de MoodleDocs.

6. Escalas

Por defecto a aula virtual sempre propón cualificar ao alumnado de 0 a 100 pero podemos modificalo.

O sistema español prefire a escala que vai do 1 ao 10, non temos cero, e podemos indicarlle a Moodle a nosa preferencia (en cada actividade) marcando o 10 como valor máximo.

Así podemos indicar que unha tarefa cualificarase cunha nota numérica con un máximo de 10 puntos (pero Moodle admitiría o 0) 

Xa esta? Non, se estamos, por exemplo, a facer unha actividade de tipo proba e valoramos 1 punto por cada resposta acertada e temos 14 preguntas entón a proba valorarémola de 0 a 14 (tranquilos, Moodle e nos entendemos que 7 de 13 é un 5 sobre 10 pero explicarllo as nais e pais e ao alumnado é outra cousa)

E se non queremos cualificar "numericamente", neste caso podemos usar unha escala,

...dentro vídeo!

Que acelere...

Pero moi claro... algúns pensadores da educación insisten en utilizar escalas na educación primaria e incluso insisten en desvincular as escalas utilizadas dos sistemas de "notas" habituais.

En 3ºB utilizabamos, e actualmente continuamos as veces, unha escala por colores (de peor a mellor)

marrón-marrón-marrón, marrón, verde-marrón,
verde, verde-violeta, violeta e supervioleta!.

E se unha alumna/o ten nunha actividade, de sociais por exemplo, un 7 sobre 10, e na proba referida acadou 7 de 14 e, máis a máis, nunha tarefa ten unha cualificación de "violeta"...

a media cal é?... 7?  

O deixamos para outra entrada? Vale, imos, poñede os cintos.

.

En consecuencia a escala de cores convertida a valores numéricos sobre 10 ben sendo:

Valor na escala orde valor sobre 10 Valor na escala orde valor sobre 10
Marrón-Marrón-Marrón 0 0.0 Marrón 1 1.7
Verde-Marróm 2 3.3 Verde 3 5.0
Verde-violeta 4 6.7 Violeta 5 8.3
Supervioleta 6 10

O que Moodle garda e que estam,os a usar a escala de cores e o violeta e a sexta nota das sete posibles, como Moodle sempre comeza no, ao primeiro item da escala o valor 0, ao sexto ítem dalle o valor de 5 sobre 6 posibles (0.83333333 en tanto por un).

No caso das cualificación citadas teriamos:

  1. a primeira nota era un 7 sobre 10 que Moodle converte internamente nun 0.7 xa que as contas internas fanse en tanto por un (part per unit) que é a relación que existe entre a parte o todo.
  2. A segunda nota: 7 acertos de 14 posibles, 7/14 = 0.5 en tanto por un.
  3. Rematamos, un violeta é a sexta mellor nota de sete posibles, como sempre comezamos a contar polo cero, entón, 5 de 6 = 5/6 = 0.83 (repito, ao primeiro valor da escala asígnaselle o cero)

Vale, e a nota é... pois depende,

Se facemos unha media aritmética ordinaria ou se ponderamos as distintas probas, ou...

Cunha media aritmética simple: Se as tres actividades teñen o mesmo peso, a mesma ponderación, a nota sería (0.7+0.5+0.83)/3= 0,676666666 no interno da alua virtual, no libro de cualificación se mostraría (se o axustamos a escala sobre 10 e sen decimais) como un 7.

Conclusión: Moodle, A aula virtual, permite utilizar escalas de cualificación numéricas e non numéricas, permite compaxinar rangos de valoración diferentes (de 0 a 10, de 0 a 3, de 0 a 12, de 0 a 100,...) e permite facer medias simples e ponderadas (de 2 tipos) pero tamén medianas, modas, máximos, mínimos e ata podemos definir a nosa propia función de cálculo... e o Moodle non se lia e nos non nos liamos... explicalo ao alumnado e as familias xa ven sendo outro poema.

7. Actividaes Externas

A aula virtual permite que incorporemos actividades deseñadas con ferramentas de autor externas. é dicir:

  • que podemos deseñar actividades propias con aplicacións como LIM. Ardora, P5H, eXeLearning, jclic,... que fornecen ferramentas distintas e axeitadas en distintas tarefas.
  • que podemos descargar ou enlazar actividades dos bancos de recursos educativos e incluílas nos nosos cursos. 

As actividades externas as podemos integrar de 3 xeitos:

1. Chamadas a actividades externas

Cando colocamos unha ligazón no noso curso o Moodle trata de facerlle un espazo e agás que nos indiquemos que queremos que se abra nunha lapela nova, pode recoller a actividade pero non hai máis relación.

2. Ferramenta externa

   

No vídeo anterior explica como enlazar con Educaplay, moi interesante, pero hay moitas máis actividades que cumpren os estándares LTI (Learning Tools Interoperability) e poden ser utilizadas en Moodle.

Estes estándares citados permiten integrar na contorna da aula virtual as actividades externas pero non existe traspaso de datos entre elas. Cando o alumnado remata a actividade non temos coñecemento de que resultados tivo.

En todo caso teremos que establecer outra actividade, unha tarefa polo xeral, para que o alumnado entregue os seus resultados.

3. paquetes scorm

E como introducimos paquetes scorm na noso curso?.

É moito máis doado facelo que entender o vídeo anterior.

a) buscamos o paquete nalgun banco de paquetes scorm

ou creamos un paquete scorm coa nosa aplicación favorita

b) descargamos o paquete ou gardamos en formato scorm

c) seleccionamos a actividade de paquetes scorm, cubrimos o cuestionario da aula virtual que se abre ao escoller esta actividade -é coma todos os outros- e incluímos o paquete.

Entre Moodle é os paquetes scorm hai traspaso de datos e podemos, por exemplo, coñecer se o alumnado fixo ou non unha actividade e que niveis acadou.

Por experiencia: facede varias probas antes de abrir ao alumnado unha actividade cun paquete scorm, temos que constatar se hai ou non hai traspaso de datos. O método máis simple é cambiar temporalmente o voso rol, practicar a actividade e consultar o libro de cualificacións.

7.1. Utilizar un paquete scorm

Utilizar un paquete scorm

8. Gamificación

A gamificación é a aplicación de elementos propios dos xogos en contextos non lúdicos, co fin de poder ter influencia nos comportamentos das persoas a partir do estímulo da súa motivación. Basease en características propias dos xogos, as que fan que estes sexan tan atractivos e incluso as veces, aditivos. Coa intervención nas acciones dos xogadores ou usuarios*, preténdese resolver situacions”.

Teixes, F. (2014)

Esta estratexia educativa mestura dous termos que, como mestras e mestres, ben sabemos do seu bo resultado: educación e entretemento.

Cando na nosa aula aplicamos este modelo conseguimos xerar un ambiente máis dinámico, unha maior implicación e motivación, en consecuencia no seguimento do alumnado ao profesorado reacionase dunha forma máis intuitiva e é moito máis práctica.

Moodle, a ferramenta informática coa que se elabora a nosa Aula Virtual, conten algunhas ferramentas para a gamificación -perdón polos palabros- dos nosos cursos.

Basicamente podemos gamificar o noso curso grazas as insignias.

AS insignias son unha especie de medallas ou de recoñecementos que permite ao profesorado premiar o esforzo realizado polo alumnado cando logran superar un reto presentado na aula virtual cando se produce unha das seguintes circunstancias:

- Ten finalizado correctamente unha actividade.

- Ten superado unha combinación de retos.

- Logra un determinado número de puntos -dentro da escala que esteamos a utilizar- en calquera actividade ou conxunto de actividades.

- Ao rematar un curso.

Noutras contornas diferentes este sistema tamén serve para acreditar o traballo realizado cara a novos estadios formativos.

En resume, as insignias pretenden reforzar a motivación do alumnado.

Como "gamifico" o meu curso.

O primeiro paso e crear as insignias que queres utilizar.

Abre o curso da aula virtual que queiras utilizar, selecciona o engrenaxe da parte superior dereita e escolle "máis..." (debes ter o rol de profesor/a)

Agora seleccionamos "engadir unha nova insignia"

Aparécenos un formulario para encher. Logo do nome e a descrición o seguinte é engadir a imaxe que representa a insignia que deberiamos ter creada/escollida previamente. Consello: o tamaño non de be ser demasiado grande, máis ou menos do tamaño da escarapela que inicia esta entrada pero co deseño que vos escollades.

Agora debedes indicar que emite a insignia e o seu correo. En ámbitos oficiais isto é importante, eu estou a poñer o meu nome "Ricardo" e meu enderezo de correo pero poderiades poñer outro texto e como correo nonresponder@edu.xunta.gal

O último paso desta primeira fase é indicar a caducidade da insignia.

Segundo paso. logo de ter creadas as insignias, que como todo sempre merece unha "pensada" e unha planificación previa, debemos indicar os criterios de concesión dunha insignia. Imos a escoller "xestionar insignias" e debes seleccionar a lapela criterios.

O criterio máis simple de utilizar é o da asignación manual, ti decides quen recibe a insignia. Tamén podes enviar unha insignia cando unha alumna ou alumno complete unha actividade, ou cando a complete cunha puntuación mínima.

Terceiro paso. Prepara a mensaxe que recibirá o alumnado cando teña dereito a unha insignia. Moodle proponche un pero, mellor o cambiamos non?

Cuarto Paso. so queda que o alumnado realice a actividade, ou que a realice superando unha fronteira ou que ti concedas a túa insignia a quen ti consideres.

Quen engade unha nova entrada explicando como se xestiona unha actividade que xera dereito a unha insignia?

Para os que preferides un vídeo...

Aquí tedes a guía da que se fala no vídeo

Un vídeo de Dina Asensio

9. Avaliando competencias

Avaliando competencias

10. Actividade de glosario

 

A actividade de glosario é o primeiro paso que temos que dar se queremos usar os xogos do aforcado ou os encrucillados.

Dous exemplos:

Primeiro exemplo:

1.  Activamos unha actividade de glosario, cada nena e cada neno deben aportar cando menos 5 palabras que conteñan un ditongo (sen repetición).
Damos un prazo dunha semana.

2.   Rematada o prazo creamos, non podemos crealo antes, un xogo do aforcado que utiliza algunha das palabras coas que eles mesmos encheron o glosario.

,

Segundo exemplo:

1.  Activamos un glosario temático: electrodomésticos, aparellos, utensilios e recipientes da cociña... Cada neno ten que engadir un mínimo de 5 de cando menos 2 categorías diferentes (sen repetición)
Damos un prazo dunha semana.

2.  Abrimos un encrucillado, ten que haber términos suficientes no glosario, que se xera aleatoriamente coas palabras do glosario de termos da cociña.

Lamentablemente temos certas limitación coas letras con acento gráfico e os caracteres que non estean no alfabeto inglés. O sistema descarta automaticamente estas palabras.

11. Base de datos

11.1. Creando unha base de datos. I

As bases de datos son ferramentas potentes e complexas.

A base de datos que creamos en Moodle son moi simples xa que só conteñen unha única táboa bidimensional chamadas rexistros (filas) e campos (columnas na vista de táboa bidimensional).

Como case que todos os procesos na aua virtual este da base de datos realízase en varios pasos.

1º Crear o esqueleto que da o soporte

2º Crear as as columnas (os campos)

3º Crear as vistas e formularios da base de datos

4º Introducir os datos en si, os rexistros (filas)

Imos ver un exemplo:

- Abrimos o noso curso da aula virtual

- Activamos a edición

- Seleccionamos engadir unha actividade

Escollemos a actividade de base de datos.

 e móstrase o formulario típico para unha nova actividade

♦  Indicamos o nome e máis a descrición

♦  A continuación aparece un apartado non coincidente coas outras actividades:

* Se activamos "solicitar aprobación" as entradas do alumnado deberán pasar pola nosa supervisión previamente a ser visibles.

* Entradas requiridas fai referencia o menor número de achegas que debe facer unha persoa antes de que as súas achegas se fagan públicas as compañeiras e compañeiros.

* Entradas máximas limita o número de achegas que pode realizar cada individuo.

♦  Os seguintes apartados son semellantes os de outro tipo de actividades agás un ítem do apartado de puntuación que é propio das bases de datos.

Dado que cada persoa participante pode facer varias achegas temos que poder facer unha cualificación do conxunto das achegas. Dependendo do caso escollemos unhas ou outras:

sen puntuación:      actividade non cualificable.

media puntuacións:  
puntuación máxima:   teremos que cualificar cada
puntuación mínima:   unha das entradas.
Suma de puntuación:

Numero puntuacións:    a AV reconta cantas entradas aceptadas
                     logra cada persa participante.

rematamos o formulario e pulsamos en gardar e presentar

11.2. Creando unha base de datos. II

O seguinte paso e definir a táboa da base de datos, só temos unha táboa.

Para isto imos ir definindo os distintos campos, nesta táboa. Os campos son as cabeceiras  das columnas da táboa.

Imos facer unha táboa sobre "bichos"  ,é dicir, animais vertebrados e invertebrados.

Para cada novo campo temos que seguir os mesmos pasos:

Escollemos o tipo de campo, crearemos campos de distintos tipos, o primeiro campo vai ser unha entrada de texto

O campo é obrigatorio e ademais activamos que cando detecte unha cita a este nome xere unha ligazón como nas wiki's

2º campo, outra caixa de texto, o nome científico, que non é obrigado

3º campo, clasificamos o animal conforme ao nivel de 3º ou 4º de primaria. Ao estar limitados a unha soia táboa e utilizar só as ferramentas internas de Moodle o que imos facer e que indicar unha clasificación como unha listaxe na que o alumno selecciona un elemento (botóns de radio).

4º Campo. Unha imaxe do animal.

Nota: e mellor non cubrir os campos de altura para evitar distorsións.

No tamaño máximo do arquivo debemos indicar un tamaño reducido, unha imaxe típica a ese tamaño máximo de 600x600 non chega a esa ocupación.


112 KB, se non alteráchedes o zoom do voso navegador a estades a ver ao seu tamaño completo.

5º Campo. Unha descrición do animal, do seu hábitat, da súa alimentación, da súa contorna, etc. (para o alumnado sería mellor especificar cada campo)

Mellor poñer cada aspecto referido nun campo distinto pero ... temos que rematar.

Limitamos o ancho do recadro de escritura, limitamos o número de liñas pero eses dous aspectos poden logo eles modificalos. O que non poden modificar, e os limita, é o tamaño máximo do campo, na práctica ven a ser como contar caracteres máximos pero, cmo nos sms os espazos contan e os caracteres combinados contan doble.

6º Campo. Unha URL. Teñen que buscar e compartir unha páxina web onde se fale do animal.

Imos deixar a base de datos neste nivel.

Hai outros tipos de campos: Arquivo,  Casilla de selección, Fecha, latitude/lonxitude (referencia xeográfica), menú, menú múltiple e número.

11.3. Creando unha base de datos. III

Podemos agora que crear os modelos ou vistas para poder ver a nosa base de datos.

Moodle incorpora 3 modelos predefinidos:

- a vista de lista,

- a vista individual -en cada pantalla un animal-

- e unha vista para facer procuras dentro da base de datos.

Podemos engadir outras novas, adaptados as nosas necesidades, utilizando o editor de vistas.

É doado de utilizar logo dun tempo.

O alumnado cando pode facelo para ver o que xa hai gardado ou entra para engadir animais. No segundo caso ten que encher este cuestionario:

Encho, co rol de alumno, os datos para dous animais. e en vista individual o resultado sería o seguinte:

12. Bancos de preguntas. Tipos

Moodle

12.1. Preguntas de arrastras e soltar

En Moodle podemos crear no noso banco de preguntas 3 tipos de actividades de tipo arrastrar e soltar:

- Arrastrar e soltar sobre un texto.

- Arrastrar e soltar sobre unha imaxe.

- Arrastrar e soltar sobre unha imaxe con marcadores.

A idea é a mesma pero as variantes fanlle gañar atractivo.

12.2. Arrastrar e soltar sobre un texto.

Aa