CELEBRAMOS O 10 ANIVERSARIO DE naturalMENTE Arte
O 19 de maio de 2010 realizouse a primeira actividade de Arte na Natureza do cole. Foi nas Illas Cíes.
O curso pasado en Liméns.
Este ano cumprimos 10 anos e queremos celebralo CONTIGO E A TÚA FAMILIA
Na última semana de maio de 2010, fixemos a primeira intervención artística colectiva con 6º de primaria, nas Illas Cíes. No curso seguinte, 2010-2011, comezamos coa planificación continuada de obradoiros contando co asesoramento de Toni Casaus, licenciado en Belas Artes na Complutense, con estudios de Doctorado sobre LAND ART aplicado á educación.
Todos os anos rematamos cunha instalación artística final, buscando o contacto coa natureza. As actividades desenvolvéronse en Nerga, Liméns, VIlariño... e ata un ano no que a chuva fíxonos dar volta correndo ao cole, acabamos realizando a obra nas pistas!
ESTE ANO TAMÉN QUEREMOS ARTE E NATUREZA!!!!
Propoñemos que cada familia faga unha intervención nun espazo natural, (ben pode ser no monte, na praia, na horta ou no eido da casa) e que esa experiencia creativa sexa un vínculo entre toda a comunidade.
Podedes usar os materiais que consideredes (naturais, de desfeito, reciclados...), sempre respectando o medioambiente e, se queredes, relacionándoa con outros aspectos (se queredes transmitir unha idea).
Enviade a foto da obra ao cole polas vías habituais de comunicación.
Despois, con todas, faremos algo interesante. VIVA A ARTE!!! VIVA O HÍO!!!
Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013 |