Adxuntamos a Guía de Viaxe a Pueyo para a excursión dos alumnos de 6º de Primaria no Programa de Inmersión Lingüísticas de outono
AXUDA DE LIBROS PARA E.PRIMARIA
Xa está aberto o prazo para solicitar as axudas de libros para Educación primaria.
!Atentos porque este ano hai novidades!
Pincha no enlace para ver a información:
Gratuidade solidaria: Curso 2014/2015
Gratuidad solidaria: Curso 2014/2015
INÉS DOCAMPO GAMARRA: GAÑADORA NA SÚA CATEGORÍA DO CONCURSO "DEBUXA UNHA XOIA PARA A TÚA NAI"
Inés Docampo Gamarra, alumna de 5º de primaria resultou gañadora na V edición do concurso "Debuxa unha xoia para o día da nai". Participaron máis de 8.000 nenos e entre os 80 finalistas, tres son da provincia de Ourense e unha delas foi Inés co seu debuxo dun colar
!Queremos felicitala e darlle os noso parabens!
Aquí poñemos algunha foto da entrega de premios e enlaces onde podedes ler a noticia.
Colexio Oficial de Xoiaría (Pincha aquí)
Noticia en "O Sil" (Pincha aquí)
Aplicación móbil para as familias: abalarMóbil
O CEIP Julio Gurriarán é centro piloto para probar a nova aplicación para teléfonos móbiles que poden utilizar as familias:"abalarMóbil":
Esta aplicación xa está activa no centro e pódese descargar dende Play Store (se o teléfono ten sistema operativo Android) ou dende a Apple Store (se é un iPhone). Despois de instalada, a aplicación solicitará sempre un pin para asegurar a privacidade do usuario.
As familias que descarguen abalarMóbil van poder dispoñer das seguintes funcionalidades:
Esta nova vía de comunicación será implantada máis adiante no resto dos centros educativos galegos.
Animamos aos pais e nais a descargar e instalar esta aplicación no seu teléfono móbil.
Na seguinte ligazón pódese acceder a máis información:
http://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/nova/abalarmobil
As instrucións para instalar e utilizar a aplicación "abalarMóbil" está nesta GUÍA PARA AS FAMILIAS.
Catalogación
CATALOGACIÓN CO PROGRAMA KOHA
PREME NA IMAXE
CLASIFICACIÓN DECIMAL UNIVERSAL (CDU)
FUNCIONAMENTO KOHA (PREME AQUÍ)
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- seguinte ›
- última »