Promocións de clubs deportivos no centro
REMO TUI
Enviado por Anónimo o 31 Xaneiro, 2024 - 14:04REMO TUI
O mércores 11 de outubro de 2023. Visitaron as nosas instalacións 2 monitores do club Remo Tui. Trouxeron 1 embarcación de remo e 2 remo ergómetros; nos cales o alumnado puido probar as súas forzas.
Moitas grazas a Diego e o Remo Tui por contarnos cousiñas tan interesantes sobre esta modalidade.
BALONCESTO 2023
Enviado por Anónimo o 31 Xaneiro, 2024 - 14:04BALONCESTO 2023
O venres 22 de setembro viñeron a nosa escola 2 monitores de club Baloncesto Tui. Fixeron xogos coa totalidade do alumnado de educación primaria.
Graciñas Basket Tui.
STUDIO 57 ESCUELA DE BAILE
Enviado por Anónimo o 31 Xaneiro, 2024 - 14:03STUDIO 57 ESCUELA DE BAILE
O 21 de setembro viñeron a nosa escola 2 monitoras de baile da Academia Studio 57 de O Porriño. Fixeron bailar a totalidade do alumnado do colexio de infantil e primaria.
Os nen@s coñeceron estilos como fusión, danza, zumba, etc.
Moitas grazas a Studio 57.
FÚTBOL SALA 2023
Enviado por Anónimo o 31 Xaneiro, 2024 - 14:02FÚTBOL SALA 2023
O 9 de outubro o Tui F.Sala viu a nosa escola a promocionar o seu deporte e ensinarnos un pouco a súa modalidade deportiva. Fixeron moitos xogos divertidos onde o alumnado coñeceu un pouco máis o fútbol sala dun xeito diferente.
Graciñas F.Sala Tui.
BALONMÁN 2023
Enviado por Anónimo o 31 Xaneiro, 2024 - 13:58BALONMÁN 2023
O venres día 29 de Setembro, visitou a nosa escola o Club Balonmán Tui; explicaron ao noso alumnado de educación primaria a organización do seu club e fixeron unha clase de iniciación co alumnado dos cursos de 1º, 2º, 3º, 4º, 5º e 6º de ed. primaria.
O pasaron xenial e coñeceron un pouco máis deste deporte.
Moitas grazas ao BMTUI.
KAYAK TUDENSE 2023
Enviado por Anónimo o 31 Xaneiro, 2024 - 13:56KAYAK TUDENSE 2023
O XOVES 14 DE SETEMBRO O ALUMNADO 6º E 5º TIVO A SORTE DE PARTICIPAR NUNHA XORNADA DE “PROMOCIÓN DE PIRAGÜISMO” NO RÍO MIÑO.
ADEMAIS COÑECEMOS AS INSTALACIÓNS DE CENTRO INTERFEDERADO E A UN GRAN CAMPIÓN COMO “MANU GARRIDO”.
MOITAS GRAZAS A TODO O CLUB KAYAK TUDENSE.
PROMOCIÓNS DEPORTIVAS 22/23
Enviado por Anónimo o 28 Novembro, 2022 - 15:33PROMOCIÓNS DEPORTIVAS 22/23
Durante os meses de Setembro e outubro, visitaron a nosa escola o Club Balonmán Tui e o Tui de Fútbol sala; ambas entendidas deportivas, explicaron ao noso alumnado de educación primaria a organización dos seus clubes e fixeron unha clase de iniciación co alumnado dos cursos de 1º, 2º, 3º, 4º, 5º e 6º de ed. primaria.
PROMOCIÓNS DEPORTIVAS 2021 "Tui FÚTBOL SALA".
Enviado por Anónimo o 21 Septembro, 2021 - 11:27PROMOCIÓNS DEPORTIVAS 2021 "Tui FÚTBOL SALA"
O pasado venres 17 de setembro o Tui F.Sala viu a nosa escola a promocionar o seu deporte e ensinarnos un pouco a súa modalidade deportiva. Explicaron que este ano a novidade vai ser a creación da Academia Sara Tui sobre fútbol sala feminino.
PROMOCIÓNS DEPORTIVAS 2021 "Balonmán Tui".
Enviado por Anónimo o 15 Septembro, 2021 - 09:51PROMOCIÓNS DEPORTIVAS 2021 - CLUB BALONMÁN TUI
Estos días o alumnado da nosa escola tivo a sorte de coñecer un pouco máis do Balonmán e o club de Tui.
Moitas grazas aos seus monitor@s pola paciencia e tan boa disposición cos nen@s.
Destacar que na noso colexio vaise organizar de xeito GRATUITO a nivel EXTRAESCOLAR a actividade de BALONMÁN os MÉRCORES de 16 a 17 horas no noso pavillón.
Os interesad@s poden inscribirse no teléfono 677380222 (María Alfaya).
COÑECE O MEU CLUB "KAYAK TUDENSE"
Enviado por Anónimo o 25 Xuño, 2021 - 12:27Programa “Coñece o meu club” (Promocións de clubs deportivos): este ano tivemos que suspender as programadas para o principio de curso, facendo soamente a de piragüismo co Club Kayak Tudense no mes de xuño cos cursos de 5º e 6º de educación primaria.
Xornadas de Xadrez
Enviado por Anónimo o 12 Novembro, 2019 - 11:28Rematan hoxe as cinco semanas de xornadas de Xadrez no C.E.I.P. Plurilingüe de Guillarei.
BALONMÁN E BALONCESTO TUI PROMOCIONAN OS SEUS DEPORTES EN GUILLAREI
Enviado por Anónimo o 27 Septembro, 2019 - 09:32Alejandro e Javier monitores do Club Baloncesto Tui, explicaron e promocionaron o seu deporte a todos os cursos de educación primaria. Aquí están co alumnado de sexto e quinto.
Grupo de terceiro e cuarto en acción.
Noe e Pablo do Balonmán Tui tamén tiveron o seu momento para animar ao noso alumnado a practicar balonmán co seu club e federarse. Lembrar que na nosa escola hai un grupo que xa xoga desde fai anos un día pola tarde, organizado pola ANPA e a Diputación de Pontevedra xunto o club balonmán Tui.
Comezamos o curso 2019-2020 con "Promocións deportivas no colexio"
Enviado por Anónimo o 13 Septembro, 2019 - 09:41Durante varios días de mes de setembro varios clubs deportivos de Tui van vir ao noso colexio para promocionar e dar a coñecer máis o seu deporte e club.
Estas actividades fanse dentro do programa de Xogade "Coñece o teu club".
Xa temos confirmadas as seguintes:
- Venres 13: Balonmán Tui
- Venres 20: Baloncesto Tui
- Martes 24: Judo club tudense
Pendentes de confirmar a data están outras modadlidades deportivas como fútbol sala, bádminton e remo.
Descenso do Miño
Enviado por Anónimo o 11 Xuño, 2018 - 13:55O pasado 8 de Xuño, os alumnos de 5º e 6º de Primaria realizaron o primeiro descenso do Miño en Kayak. A actividade foi proposta polo Clube Kayak Tudense aos cales agradecemos esta oportunidade.
Agardamos o pasedes tan ben vendo as fotos coma nos disfrutando do río :)
Click na imaxe para ver o álbum de fotos.