Atletismo en pista
MOI BOA PARTICIPACIÓN EN ATLETISMO EN PISTA
Enviado por Anónimo o 23 Marzo, 2022 - 10:23
O pasado venres o alumnado de 5º curso de educación primaria participou na xornada zonal de ATLETISMO EN PISTA AO AIRE LIBRE xunto a outros colexios do Baixo Miño como Sobrada, Nº 1 de Tui, Randufe, Rebordáns, Nº 2 de Tui ou Pazos de Reis.
A xornada tivo foi un éxito de participación onde preto de 200 nen@s competiron nas diferentes modalidades atléticas de salto de lonxitude, carreira de velocidade (50 metros), lanzamentos de peso (2 kg) e vórtex, carreira de resistencia (500 metros) e a proba de relevos 4 x 80 metros por equipos.
Destacar a toda a clase durante toda a xornada cun excelente comportamento e actitude deportiva.
Salto de lonxitude (Lorena Vaz)
Lanzamiento de Peso (Pablo Fdez.)
Lanzamiento de Vórtex (Mara Argúelles)
ATLETISMO EN PISTA NA MACOCA 2022
Enviado por Anónimo o 17 Marzo, 2022 - 14:46ATLETISMO EN PISTA
Mañá venres 18 de marzo, nas instalacións da Macoca en Pazos de Reis (Tui); voltamos a participar nas probas de atletismo en pista coa clase de 5º de Ed. Primaria con outras 7 escolas de Tui e Tomiño, como por exemplo cos CEIP de Pazos de Reis, Rebordáns, Nº 1, Randufe, Sobrada ou Nº 2 de Tui.
Comezaremos as 10.30 coa 1ª quenda e series de:
- Lanzamento de Vórtex: Micaela Passos e Mara Argüelles.
- Carreira de Velocidade (60 metros): Erik Leyenda
- Lanzamento de Peso (2 kg): Pablo Fernández
Seguiremos coa 2ª quenda coas modalidades:
- Carreira de Resistencia (500 metros): Adam Kalai
- Salto de Lonxitude: Lorena Vaz
Para terminar a partir das 12.15 coa 3ª quenda; coa proba estrela da carreira de relevos 4x80 metros por equipos de 4 atletas:
- Lorena Vaz
- Erik Leyenda
- Adam Kalai
- Julián Álvarez
Causa baixa por lesión pero estara animando "Xoán".
Moita sorte e ánimo a tod@s.
SALTO DE LONXITUDE
SERIES DE VELOCIDADE
COMPAÑERISMO O MÁIS BONITO
CARREIRA DE RESISTENCIA (500 METROS)
LANZAMIENTO DE VORTEX
Subcampións na Final Provincial en Pontevedra de Atletismo en Pista
Enviado por Anónimo o 28 Xuño, 2018 - 11:25
A clase de quinto curso proclamouse subcampiona de atletismo en pista o pasado 13 de xuño no estadio da xuventude en Pontevedra, lugar no que competiu con outras 21 escolas.
Sen dúbida ten moito mérito o acadado por este grupo, que derrochou alegría, esforzo e traballo en equipo animándose.
Destacar os segundos postos alcanzados nas 3 carreiras de relevos 4 x 60 metros.
Moito parabéns a tod@s.