Aliméntate ben
PRATOS SAUDABLES DE GADISA
Enviado por Anónimo o 27 Xuño, 2023 - 11:33PRATOS SAUDABLES DE GADISA
ESTE ANO A TOTALIDADE DO ALUMNADO FOI AGASALLADO CUN PRATO SAUDABLE E UN LIBRIÑO DE RECEITAS , DONADO POR GADISA. O OBXECTIVO DO CENTRO É CONTINUAR TRABALLANDO NA CONCIENCIACIÓN DA IMPORTANCIA DOS HÁBITOS SAUDABLES, NESTE CASO NA ALIMENTACIÓN.
POR OUTRA PARTE CONTRIBUIMOS CO FOMENTO DOS ODS 2030, RETO A SEGUIR TRABALLANDO.
Alimentación saudable
Enviado por Anónimo o 26 Xuño, 2021 - 00:35Este ano non participamos nos 3 programas do proxecto por mor do Covid19 e o protocolo de centro; a intención do centro é recuperalos de cara o curso que ven.
Aínda así seguimos recordando as familias e o alumnado a importancia de ter uns bos hábitos alimenticios. E intentase recomendar que as merendas dos nenos e nenas sexan o máis saudables posibles.
Batidos saudables nas clase de terceiro
Enviado por Anónimo o 12 Septembro, 2019 - 13:11Dentro do programa de alimentación saudable levaronse a práctica varias actividades como a elaboración de batidos saudables, facer bocatas diferentes, froita nos recreos ou as recomendacións pautadas de merendas diarias dende as titorías.
preparando as diferentes froitas
ALIMENTACIÓN SAUDABLE
Este ano o noso cole participa novamente no Programa Alimentate ben! Repetindo a experiencia do curso pasado voltamos a contar coa modalidade FROITA NA ESCOLA, e como novidade participamos en 2 modalidades máis, PONLLE AS PILAS AO TEU BOCATA e O SABOR DA AVENTURA ESTÁ NO MAR.
PONLLE AS PILAS AO TEU BOCATA
Esta campaña esta deseñada para a dar o coñecer as múltiples virtudes das conservas dos produtos do mar. Esta iniciativa desenvólvese nos colexios públicos e numerosas competicións deportivas e campamentos da comunidade autónoma.
O SABOR DA AVENTURA ESTÁ NO MAR
Esta campaña ten o dobre obxetivo de facilitar o coñecemento e consumo dos produtos do mar entre os nenos e nenas.
Deste xeito aprendemos a facer bocadillos máis saudable, coñecemos os beneficios que nos aportan os produtos do mar, etc... e todo dun xeito lúdico ao par que didáctico.
LÁCTEOS E FROITAS NA ESCOLA
Durante estas semanas na nosa escola se está repartindo leite no tempo das merendas, lembrar que esta proposta forma parte do P.D.C. “Guillarei activo e saudable” co obxectivo de mellorar a toma de lácteos no alumnado.
FROITA NA ESCOLA (MERENDAS SAUDABLES)
Durante este curso a nosa escola promoveu as merendas saudables, este ano participamos no proxecto "Froita na escola", no que durante varias quendas nos 3 trimestres repartiuse froita variada de xeito gratuito entre todo o alumnado de educación infantil e primaria.