x
XORNADAS DE BÁDMINTON - XOGADE
Enviado por Anónimo o 11 Maio, 2022 - 09:51XORNADAS DE BÁDMINTON - XOGADE
Desde o 26 de abril estamos participando cun grupo de 18 alumn@s os martes polas tardes desde as 16 horas ata as 19.15 horas no pavillón do CEIP de Randufe en Tui, nas xornadas escolares de Xogade de bádminton; organizadas por Agrudebam.
Temos representación en 2 categorías, benxamín e alevín mixtas.
A falta de 1 xornada para rematar o 24 de maio e as finais o 25 en Tomiño; o alumnado está disfrutando moito.
Parabéns nen@s e moitas grazas a Javier Argüelles pola súa axuda e implicación; sen tí isto non sería posible.