ÁMBITO TEMPORAL 2: DENTRO DO CENTRO E DENTRO DO HORARIO LECTIVO
TRABALLIÑOS DO ALUMNDO DO 2º E O 3º TRIMESTRE
Enviado por Anónimo o 27 Xuño, 2022 - 13:47A continuación tedes un resumo dos traballiños, debuxos, redaccións, etc que fixo o alumnado de educación primaria sobre as actividades deportivas nas que participaron, traballando deste xeito de forma interdisciplinar con outras áreas de educación primaria.
Destacar as relacionadas con:
- Piragüismo.
- Aloiada.
- Carreiras.
- Xogos populares.
HÁBITOS SAUDABLES.
PIRAGÜISMO NO RÍO MIÑO
DISCAMINO VEN A NOSA ESCOLA
Enviado por Anónimo o 25 Maio, 2022 - 09:48DISCAMINO VISITA O NOSO COLEXIO
O PRÓXIMO XOVES 26 DE MAIO A PARTIR DAS 9.10 HORAS.
IMOS TER UNHA VISITA MOI ESPECIAL PARA TODO O ALUMNADO DE EDUCACIÓN PRIMARIA.
ÁMBITO 2: DENTRO DO CENTRO E DENTRO DO HORARIO LECTIVO
Neste ámbito están recollidas as actividades de promoción de actividade física durante a estancia do alumnado no centro educativo.
Actividades desenvolvidas como por exemplo:
- As xornadas lúdicas. (xornada con multixogos de retos deportivos entre os diferentes grupos burbulla).
- O patio activo (Xogando no recreo). Repartindo un baúl de material variado e motivando o alumnado a xogar e moverse no tempo de lecer.
- O proxecto DAFIS. Coa realización das diferentes probas físicas nos cursos de educación primaria. Ao ser un colexio pequeno non tivemos problema co protocolo Covid, e as probas realizarónse como sempre, desinfectando algún material concreto.
- Móvete + (Coreografía "Jerusalema"): Práctica cos diferentes cursos desta coreografía ao logo do 1º trimestre.