Deporte en familia
ALOIADA 2022
Enviado por Anónimo o 15 Xuño, 2022 - 23:33Maña xoves 16, tras 2 anos sen poder participar o alumnado de 6⁰ curso de educación primaria volverá desfrutar do proxecto da Aloiada.
Esperemos que o tempo atmosférico axude, e poidamos vivir esta experiencia con moita ilusión e emoción.
Escalada, rappel, Orientación deportiva, Xogos cos Scouts de Tui, Nudos, sendeirismo ou Piragüismo son algunhas das actividades preparadas en convivencia con outras escolas de Tui.
VOLTA EN BICI POLO 25 N EN FAMILIA
Enviado por Anónimo o 30 Novembro, 2021 - 13:21Volta en bici en Tui en familia en contra a violencia de xénero.
DEPORTE EN FAMILIA
Enviado por Anónimo o 17 Novembro, 2021 - 10:26DEPORTE EN FAMILIA
ORIENTACIÓN DEPORTIVA NA EUROCIDADE TUI-FAMILIA
LUCAS E XAVI DE 4º CURSO E FAMILIAS
Varios alumn@s e as súas familias participaron o pasado o pasado 24 de outubro na proba de Orientación Deportiva celebrada en 2 quendas entre Valença do Miño (de mañá) e Tui (pola tarde).
Os obxectivos se cumpriron , xa que ademais de facer deporte é aprender a orientarse, co uso dun mapa, tamén compartiuse coa familia e amigos una xornada moi divertida e che ade emocións.
Parabéns a todos os participantes.
MICAELA E LORENA DE 5º CURSO COAS SUAS FAMILIAS
FAMILIAS DE LIDIA DE 6º E LUCAS
II CARREIRA DE ORIENTACIÓN DEPORTIVA EUROCIDADE
Enviado por Anónimo o 7 Outubro, 2019 - 21:57O próximo domingo 13 de octubre vaise organizar a segunda carreira de Orientación Deportiva. Unha boa oportunidade para facer deporte en familia dun xeito divertido.
Animádevos a participar cos vosos fill@s. Lembrar que hai límite de inscrición ata o xoves10.