A Milla Diaria
A MILLA
Enviado por Anónimo o 4 Xullo, 2023 - 12:38A MILLA DIARIA
ESTE ANO A CAUSA DO MAL TEMPO NO 1º TRIMESTRE E PARTE DO 2º, CASE NON PARTICIPAMOS NA MILLA. ALGUNHAS CLASES FIXO O PERCORRIDO DE XEITO OCASIONAL.
COMEZAMOS CO PROGRAMA DA "MILLA" OUTRO ANO MÁIS,
Enviado por Anónimo o 22 Septembro, 2021 - 09:26Esta semana algúns cursos xa comezaron a facer a "Milla diaria", algunhas clases (4º, 2º, ...) sairon a camiñar ou trotar polo percorrido do torreiro da festa e otros grupos a fan arredor da escola.
Moito ánimo.
A MILLA DIARIA EN TEMPOS DO COVID 19
Enviado por Anónimo o 25 Xuño, 2021 - 12:29Alumnado de 4º curso facendo a milla.
Programa “A milla diaria (suma semanal e mensual): Este programa, conseguimos levalo a práctica durante todo o curso. Participaron todo o alumnado e profesorado (andando ou trotando) de infantil e educación primaria.
Traballamos de forma transversal e interdisciplinar os contidos da actividade física diaria e hábitos saudables (alimentación, hixiene, condutas nocivas , sedentarismo asociado a pantallas-).
O percorrido foi medido empregando novas tecnoloxías, tendo unha distancia de 540 metros, precisando realizar 3 voltas para alcanzar a distancia de 1 milla. O alumnado e profesorado anotou ao longo do curso a medición diaria nunha folla de control posta cada mes no panel informativo do PVDA que está na entrada da biblioteca.
Destacaron especialmente os cursos de 3º e 4º curso de educación primaria, cunha participación moi alta cada mes. Parabéns a tod@s e o próximo ano moito ánimo a tod@s.
2º curso
3º curso
4 meses facendo a milla diaria
Enviado por Anónimo o 4 Febreiro, 2020 - 15:47Xa levamos máis de 4 meses facendo a milla diaria con algúns cursos.
Tras non poder facela antes do nadal por causa das fortes chuvias e temporales, agora coa chegada do bo tempo xa estamos a tope coa milla cada día as 11.15 horas.
Inicio da Milla Diaria
Enviado por Anónimo o 8 Outubro, 2019 - 17:57Hoxe comezamos co programa da Milla Diaria (1606 metros). As clases de quinto, cuarto, primeiro e os grupos de infantil (3, 4 e 5 anos) sairon as 11.15 ao recinto do torreiro para percorrer unha milla dando 3 voltas grandes.
Uns foron a trote e otros camiñando un pouco, o mais importante e que foron uns minutos divertidos e activos. Bravo alumnado e profes participantes. Mañán máis.