Magosto
XOGOS POPULARES NA FESTA DO MAGOSTO 2022
Enviado por Anónimo o 29 Novembro, 2022 - 14:52XOGOS POPULARES NA FESTA DO MAGOSTO 2022
O pasado venres 11 de novembro celebramos a festa do magosto, coincidindo este ano co día do S. Martiño. Decidimos aproveitar esta celebración para practicar xogando a xogos populares, organizando varios obradoiros onde recuperamos a formación de 8 equipos co alumnado misturado dende infantil ata 6º curso de primaria.
Os obradoiros de xogos foron os seguintes:
- Billarda ou xogo da pincha no pavillón.
- As torres cos carozos do millo no patio cuberto.
- As carreiras de sacos na zona verde a carón do parque.
- Os bolos ou birlos na parte dinateira da sala de mestr@s.
- O xogo da chave de aspas fronte a clase de música.
- Xogos pintados na zona da calustra.
- Xogos pintados na zona da calustra.
- Relevos coas castañas no patio da entrada ao pavillón.
Sen dúbida foi unha xornada moi intensa e divertida, que rematou coas merendas, un ano máis cos choripans e coas castañas asadas.
XOGANDO NA FESTA DO MAGOSTO 2021
Enviado por Anónimo o 12 Novembro, 2021 - 13:00
XOGANDO NA FESTA DO MAGOSTO
O pasado martes 9 de novembro celebramos a FESTA DO MAGOSTO no noso colexio de Guillarei. Ademais de comer as castañas asadas pola ANPA, este ano houbo “chouripán” e coma sempre un percorrido con 7 estacións con diferentes xogos populares, autóctonos e tradicionais, como por exemplo: xogamos a billarda (pincha ou estornela), relevos cun culler e castaña, o xogo do aro, carreiras de sacos, as construcións coas espigas do millo, o xogo dos bilos, a rá, a chave de aspas, os zancos ou o sogatira.
Sen dúbida foi unha xornada lúdica e de convivencia.
BOLOS
CONSTRUCIÓNS CO MILLO
O XOGO DA CHAVE DE ASPAS
XOGOS POPULARES NO MAGOSTO
Enviado por Anónimo o 25 Xuño, 2021 - 12:23Xogos populares no magosto: organizamos unha zona diferente para grupo burbulla, na cal cada clase durante máis dunha hora xogou a diferentes xogos populares. En total foron 7 espazos separados respectando as normas do protocolo, con distancias e sen compartir os materiais.
MAGOSTO 2019
Enviado por Anónimo o 22 Novembro, 2019 - 10:51O pasado mércores celebramos a festa do magosto na nosa escola. a xornada desenvolveuse con varias actividades como cantar unha canción popular galega, participar nos obradoiros dos xogos populares. O tempo axudou moito, xa que fixo sol e poidemos comer as castañas no patio.
Os obradoiros de xogos este ano foron os seguintes:
1- O xogo da rá.
2- Construción de torres cos carozos do millo.
3- Relevos coa culler.
4- Os birlos ou bolos celtas.
5- Xogos co paracaídas e castañas.
6- Equilibrios cos zancos, a goma o aro guía.
7- Carreiras de sacos, colar fichas e as buxainas
Magosto 2018
Enviado por Anónimo o 5 Novembro, 2018 - 13:20Magosto 2018
MARTES 13 de Novembro a partir das 10.30 no torreiro da festa de Guillarei.
Este ano terá o seguinte programa:
10:45 II Carreira Solidaria para axudar ao banco de alimentos de SOS Tomiño-Baixo Miño (podedes traer LEITE e CACAO xa durante estes días ao colexio). A carreira ten espíritu participativo e solidario e tamén participarán mestr@s, alumnado e as familias que se animen a correr ou camiñar un pouco.
Animádevos e vir a participar fomentando así o deporte e a solidaridade
12:00 Obradoiros de xogos populares galegos.
13:00 Tempo de comer castañas.