PATIOS ACTIVOS 2022/2023
Enviado por Anónimo o 31 Marzo, 2023 - 12:20
PATIOS ACTIVOS 2022/2023
Este ano volvemos a normalidade neste programa. Co cal retomamos o prestamo de materiais (feito polo alumnado de 6º e 5º) e a proposta de varios recunchos de xogos e deportes, que foi mudando cada trimestre.
Todo isto informado no panel, xunto con outras cuestións que foron xurdindo ao longo do ano. Como por exemplo no pavillón houbo sesións de "deslizamentos" (patinaxe, rollers, skates e patinetes) xogos con raquetas (bádminton ou tenis), ou xogos e deportes variados, ou nos patios exteriores cos xogos pintados na zoina da calustra.