ATLETISMO EN PISTA NA MACOCA 2022
ATLETISMO EN PISTA
Mañá venres 18 de marzo, nas instalacións da Macoca en Pazos de Reis (Tui); voltamos a participar nas probas de atletismo en pista coa clase de 5º de Ed. Primaria con outras 7 escolas de Tui e Tomiño, como por exemplo cos CEIP de Pazos de Reis, Rebordáns, Nº 1, Randufe, Sobrada ou Nº 2 de Tui.
Comezaremos as 10.30 coa 1ª quenda e series de:
- Lanzamento de Vórtex: Micaela Passos e Mara Argüelles.
- Carreira de Velocidade (60 metros): Erik Leyenda
- Lanzamento de Peso (2 kg): Pablo Fernández
Seguiremos coa 2ª quenda coas modalidades:
- Carreira de Resistencia (500 metros): Adam Kalai
- Salto de Lonxitude: Lorena Vaz
Para terminar a partir das 12.15 coa 3ª quenda; coa proba estrela da carreira de relevos 4x80 metros por equipos de 4 atletas:
- Lorena Vaz
- Erik Leyenda
- Adam Kalai
- Julián Álvarez
Causa baixa por lesión pero estara animando "Xoán".
Moita sorte e ánimo a tod@s.
SALTO DE LONXITUDE
SERIES DE VELOCIDADE
COMPAÑERISMO O MÁIS BONITO
CARREIRA DE RESISTENCIA (500 METROS)
LANZAMIENTO DE VORTEX