ALIMENTACIÓN SAUDABLE

Este ano o noso cole participa novamente no Programa Alimentate ben! Repetindo a experiencia do curso pasado voltamos a contar coa modalidade FROITA NA ESCOLA, e como novidade participamos en 2 modalidades máis, PONLLE AS PILAS AO TEU BOCATA e O SABOR DA AVENTURA ESTÁ NO MAR.

 

PONLLE AS PILAS AO TEU BOCATA
Esta campaña esta deseñada para a dar o coñecer as múltiples virtudes das conservas dos produtos do mar. Esta iniciativa desenvólvese nos colexios públicos e numerosas competicións deportivas e campamentos da comunidade autónoma.

 

O SABOR DA AVENTURA ESTÁ NO MAR
Esta campaña ten o dobre obxetivo de facilitar o coñecemento e consumo dos produtos do mar entre os nenos e nenas.

Deste xeito aprendemos a facer bocadillos máis saudable, coñecemos os beneficios que nos aportan os produtos do mar, etc... e todo dun xeito lúdico ao par que didáctico.