GRAN PARTICIPACIÓN NA CARREIRA POPULAR DE SAN TELMO-TUI

Onte pola mañá celebrouse a Carreira popular de San Telmo no centro de Tui, este ano o noso colexio tivo unha gran participación en todas as categorías, dende a categoría pitufos (de 3 e 4 anos) ata os adultos (de 16 anos en adiante).

Destacar o ambiente festivo e o ben que o pasamos, xa que, ademais de participar na proba deportiva a “convivencia” foi o máis importante.

En canto a participación nas diferentes probas sinalar que houbo 3 nen@s do CEIP de GUILLAREI que se clasificaron en 2º lugar na súa categoría, gañando a medalla de prata, estes subcampións son:

-     

DANIEL ALVAREZ de 5º curso (Infantil masculino).

-     

KHOLOUD ROUCHDI de 3º curso(Alevín Feminino)

-     

AINARA RODRÍGUEZ de 2º curso (Benxamín Feminino)

 

MOITOS PARABÉNS!!!!!