CAMPIONATO ZONAL DE TENIS DE MESA (PAVILLÓN DO CEIP DE SOBRADA)

 

 

 CAMPIONATO ZONAL DE TENIS DE MESA

PAVILLÓN DO CEIP DE SOBRADA (TOMIÑO

 3 DE ABRIL, 5 E 10 DE MAIO DO 2017

O pasado mércores comezou o campionato de tenis de mesa zonal no pavillón do CEIP de Sobrada.

Esta 1ª xornada foi un éxito de participantes con máis de 160 nen@s repartidos por categorías nas 21 mesas instaladas.

Sen dúbida toda unha experiencia para o alumnado participante do noso colexio, que asistía por primeira vez a unha xornada desta modalidade deportiva.

Foi unha verdadeira experiencia, onde a convivencia con nen@s de outras escolas foi mellor, destacar a fabulosa organización unha vez máis de AGRUDEBAM, os cales coidan todos os detalles; xa que non faltou a merenda (froita variada) e augas gratis para todos.

 

As seguintes xornadas serán no mes de maio, e lembrar que os nen@s son transportados en bus gratuíto dende o CEIP de Guillarei.