TERCEIRA XORNADA DE DINAMIZACIÓN ESCOLAR DEPORTIVA NO CEIP DE GUILLAREI

O pasado venres 24 de marzo o CEIP de PAZOS DE REIS visitou a nosa escola, para participar na terceira xornada de deporte escolar intercentros de XOGADE.

A xornada transcurríu con normalidade, onde tod@s desfrutamos da convivencia e da práctica deportiva xogando a balonmán, xadrez, bádminton, voleibol, baloncesto e fútbol sala.

Nesta ocasión participaron os cursos de terceiro, cuarto e sexto de educación primaria. A seguinte xornada visitaremos ao CEIP Nº 2 de Tui a finais de abril.

MAYRA E TANIA XOGANDO AO XADREZ

XOGO LIMPO E SAÚDOS AO REMATAR OS XOGOS.

A CLASE DE SEXTO CURSO DO CEIP DE GUILLAREI