Skip to Content

Educación Física

CAMPIONATO ZONAL DE CAMPO A TRAVÉS 2017/2018

Campionato zonal de campo a través 2017/2018.

O próximo sábado 18 de novembro vaise celebrar esta proba deportiva escolar. Este ano sera no concello de Salceda de Caselas, en concreto na parroquia de Soutelo que atopase a carón de Guillarei.

Os diferentes recorridos serán nas instalacións do Borralliño. Pode participar o alumnado que o desexe desde segundo ata sexto de primaria.

As distancias aproximadas son as seguintes:

- 600 metros, categoría Benxamín (Segundo e Terceiro curso).

- 1.000 metros, categoría Alevín Fem. (Cuarto e Quinto curso).

Promocións deportivas no cole

Promocións deportivas no colexio

Durante o pasado més de setembro na nosa escola tivemos a visita de varios clubes de Tui, para promocionar e ensinarnos un pouco màis das suas modalidades.

Bádminton, Remo e Baloncesto foron os deportes que nos visitaron. Sen dúbida unha experiencia moi boa para noso alumnado.

Moitas grazas aos monitores e clubes.

EDUCACIÓN VIARIA NO COLE

 

 

sentímolo, flash non está dispoñible.

CEIP DE GUILLAREI NA ALOIADA 2017

Saímos!!!

Presentación da Aloiada 2017 no Concello de Tui

Onte presentouse no Concello de Tui a Aloiada 2017, na que van participar máis de 170 nen@ de 6 colexios tudenses, entre os cales esta a nosa escola CEIP DE GUILLAREI.

Sen dúbida vai ser unha gran experiencia para practicar deportes e actividades no medio natural como escalada, hípica, orientación, ... nos Montes Galiñeiro, Aloia e no río Miño.

Iniciación a Orientación deportiva no cole

 

 

Hoxe pola mañá o grupo de sexto participo

Iniciación a Orientación deportiva no cole

Hoxe pola mañá o grupo de sexto participou na primeira carreira de orientación deportiva na nosa escola.

Aprenderon a orientarse cun mapa/croquis das instalacións do cole, o uso de compás, buscar balizas e manipular unha tarxeta de control.

Iniciación o piragüismo no río Miño

Onte as clases de quinto e sexto de primaria desfrutaron toda a mañá dunha xornada de iniciación ao piragúismo no Miño. Sen dubida unha boa experiencia.

Agradecer ao Concello de Tui e a os monitores Jose Luis Bouza, Sito e Potri do clube de piragüismo de Tui pola súa paciencia e disposición, moitas grazas e sorte.

PANEL INFORMATIVO DE EDUCACIÓN FÍSICA

PANEL DO CONCURSO DE DEBUXOS SOBRE AS CARREIRAS

XOGANDO NO RECREO (Tempo de lecer activo)

CARTEL DAS QUENDAS E DISTINTOS RECUNCHOS DE XOGOS

 MATERIAL DO PRESTAMO NOS PATIOS DO EXTERIOR

XOGANDO NO RECREO (Tempo de lecer activo)

Nestas imaxes podemos ver diferentes xogos ofertados no proxecto "xogando no recreo", co obxectivo de dinamizar os distintos espazos do colexio e fomentar a actividade lúdico entre o alumnado.

DERRADEIRA SESIÓN DE EDUCACIÓN VIARIA NO RECREO

O pasado luns día 29 participamos na 4ª e derradeira sesión de educación viaria no pavillón do colexio, polo tanto xa NON hai que traer as bicicletas durante este curso.

ACROSPORT NA CLASE DE SEXTO

O alumnado de sexto está traballando actividades ximnásticas durante a unidade didáctica do terceiro trimestre sobre o "Acrosport". Sen dúbida uns verdadeiros artistas moi creativos.

Distribuir contido


by Dr. Radut