O próximo sábado 24 de novembro en horario de mañá terá lugar o Campionato zonal de Campo a Través escolar.
Este ano será no concello de O Rosal, nun circuito preparado no lugar de "A Canosa" (San Miguel de Tabagón) a carón do río Miño.
Poderán participar tod@s @s nen@s que queiran a partir de segundo de primaria ata a ESO.
Esta proba forma parte do programa de XOGADE do presente curso, nesta modalidade deportiva, e nela poderán participar tanto alumnado dos colexios da zona como integrantes dos clubs de atletismo da mesma.
PRAZO DE INSCRICIÓN
Se debe confirmar os inscritos o MARTES 20 de Novembro no colexio, xa que o prazo da organización remata o mércores 21.
NORMATIVA
Participantes
Poderán participar todos os atletas en idades comprendidas dentro das categorías, que estean escolarizados nos centros educativos da nosa zona (concellos de Salceda, Tui, Tomiño e O Rosal) ou que teñan ficha nos clubs deportivos rexistrados tamén na nosa zona.
Permitirase excepcionalmente a participación doutros atletas que non cumpran estes requisitos, pero a súa clasificación non computaría para consecuencias posteriores (participación en campionato provincial).
E requisito imprescindible en todo caso e para todos os participantes estar inscrito e mutualizado en XOGADE, co seguro deportivo correspondente.
Tamén é requisito imprescindible facilitar á Agrupación Deportiva Baixo Miño os datos necesarios para participación de cada neno ou nena: nome e apelidos, colexio ou club de representación, data de nacemento e nº de mutua deportiva de XOGADE. A xestión das autorizacións para facilitar esta información corresponde aos centros e clubs implicados.
As carreiras
Celebraranse 8 carreiras, participando en cada unha delas as distintas categorías e sexos:
NOTA: Os horarios e as distancias sonas definitivas. Cada atleta deberá estar como mínimo 30 minutos antes do inicio da súa carreira para por o dorsal diante da camiseta do colexio, estudar o percorrido e facer o quecemento.
Saída do Bus desde o CEIP DE GUILLAREI
|
9.00 Horas
|
CATEGORÍA
|
ANO DE NACEMENTO
|
DISTANCIA APROXIMADA
|
HORARIO APROXIMADO
|
Benxamín feminino
|
2010-2011
|
600 metros
|
10.30
|
Benxamín masculino
|
2010-2011
|
600 metros
|
10.40
|
Alevín feminino
|
2009-2008
|
800 metros
|
10.55
|
Alevín masculino
|
2009-2008
|
1.200 metros
|
11.10
|
Infantil feminino
|
2006-2007
|
1.200 metros
|
11.25
|
Infantil masculino
|
2006-2007
|
1.700 metros
|
11.40
|
Cadete feminino
|
2004-2005
|
1.700 metros
|
12.00
|
Cadete masculino
|
2004-2005
|
3.100 metros
|
12.30
|
Entrega de medallas e trofeos
|
13.15
|
Fin da xornada e regreso no bus
|
13.35
|
Chegada ao colexio
|
14.05
|
Clasificados
Haberá dúas clasificacións en cada categoría: individual e por equipos.
Na clasificación individual se ordenan por orde de chegada a meta, contabilizándose neste listado todos os atletas que completen a carreira. Non se contabilizan tempos.
Haberá medallas para os dez primeiros clasificados.
Para clasificar por equipos, terase en conta o posto obtido polos catro primeiros de cada centro ou club, sumando os puntos correspondentes a eses postos. O equipo con menos puntos é o gañador. Na categoría cadete (masculino e feminino) contabilizaranse a estes efectos os tres primeiros atletas de cada equipo.
Haberá trofeos para os tres primeiros equipos de cada categoría.
Transporte
Dende o Servizo de Deportes establecerase un servizo de transporte en autocar dende os centros participantes (non para os clubs) e regreso ao finalizar a xornada.
Quen asista polos seus propios medios, terá que aterse ás instrucións das autoridades ou da organización da proba no lugar a efectos do estacionamento dos seus vehículos, dadas as características do lugar, zona sensible de protección na REDE NATURA 2000.
Custo para os participantes
A actividade está incluída no programa de XOGADE da Secretaría Xeral para o Deporte, e por tanto,é totalmente gratis para os participantes, tanto pola súa inscrición como pola súa cobertura de seguro deportivo, polo avituallamento ou polo seu transporte.
Avituallamento
A organización ten previsto facilitar aos participantes bocadillo e auga, así como unha ración de chocolate quente. Todas as persoas con intolerancias alimentarias deberán comunicar previamente nos seus centros educativos ou clubs tal circunstancia, para procurar dende a organización facilitar refrixerio alternativo. En todo caso non é obrigatorio este refrixerio para a organización.
Animádevos a participar.