Deporte escolar
Xornada de xogos populares do Baixo Miño
Enviado por Anónimo o 11 Septembro, 2019 - 12:25Durante o pasado mes de xuño, celebrouse nas instalación do CEP Pedro Caselles de Tomiño unha xornada de xogos populares e convivencia con outras escolas do Baixo Miño.
A xornada consistiu na práctica de partidas do Xogo da chave de Aspas, de Billarda e de Bolos Celtas.
Participaron as clases de sexto curso, destacando que todo o alumnado xogou en equipo e disfrutou dunha experiencia nova para moitos.
Parabéns para todos.
Xogo da Billarda
Bolos Celtas
Xogo da Chave de Aspas
ESPAZO PARA LOITA
Enviado por Víctor o 7 Maio, 2019 - 22:10
O pasado 17 de abril, o alumnado de 4º de Primaria participou na xornade de loita organizada por AgruDeBaM.
Participaron os colexios Nº 1, Nº 2, Guillarei, Rebordans e Randufe.
Formaron un total de 20 equipos, en catro grupos. O tempo permitiu chegar ás 9 roldas, polo que cada equipo poido xogar 3 ou 4 partidos.
Coma sempre, estas xornadas serven para achegar aos nenos e nenas a deportes minoritarios e sobre todo para realizar unha xornada de convivencia con compañeiras doutros colexios.
XORNADA DE ATLETISMO EN PISTA 2019 (5º)
Enviado por Víctor o 26 Marzo, 2019 - 23:31O venres pasado celebrouse nas instalacións da Macoca a proba zonal escolar de Atletismo en pista ao aire libre. Esta actividade vai englobada no programa XOGADE e foi dirixida ao alumnado de 5º. Tamén participaron colexios de Salceda de Caselas e Tui.
A xornada contou con varias probas e series de carreiras de velocidade de 60 metros, lanzamento de peso (2kg) e lanzamento de vortex. A continuación celebrouse a proba de resistencia de 500 metros e o salto de lonxitude. E para rematar as series de relevos de 4 x 60 metros.
Como podedes apreciar as probas eran moi variadas e sobre todo divertidas.
III XORNADA DE DINAMIZACIÓN INTERCENTROS (TEBRA-TOMIÑO)
Enviado por Anónimo o 14 Febreiro, 2019 - 21:43Hoxe na terceira xornada recibimos na nosa escola ao CEIP de Tebra (Tomiño). Durante toda a mañá os alumn@s de terceiro, cuarto e sexto participamos nos diferentes xogos e deportes adaptados no noso pavillón.
Destacar o ben que o pasamos e o bo ambiente deportivo.
Como vedes a nosa mascota "Guillasport" tamén estivo presente.
II XORNADA DE DINAMIZACIÓN DEPORTIVA INTERCENTROS
Enviado por Anónimo o 28 Xaneiro, 2019 - 22:16A pasada semana o CEIP de Pazos de Reis visitou o noso colexio, e participamos co alumnado de terceiro, cuarto e quinto curso de primaria.
Durante a xornada xogouse a bádminton, balonmán, xadrez, voleibol, baloncesto, fútbol sala e diversos xogos de mesa. Destacar a diversión, a convivencia e o xogo limpo.
Parabéns a todos os participantes.
ZONAL DE CAMPO A TRAVÉS NO ROSAL 2019
Enviado por Anónimo o 28 Xaneiro, 2019 - 22:00Unha pequena representación d@s valentes atletas do noso colexio que participaron o pasado sábado 19 de xaneiro no circuito da Canosa no concello do Rosal. Parabéns a tod@s polo gran esforzo, moito mérito estar alí co día que fixo.
Agradecer a colaboración e axuda das familias e dos mestr@s Bibi e Victor.
Agora toca animar no proba provincial en Chenlo (Porriño) o día 2 de febreiro a Ainara Rguez., magnífico cuarto posto acadado (Alevín Fem.), o equipo Infantil Fem que se proclamou subcampión (Laura, Alejandra, Kholoud, Sela, Mayra e Saula), e o campión cadete Dani Alvarez.
Equipo Infantil Feminino
Campión cadete masculino
I XORNADA DE DINAMIZACIÓN INTERCENTROS DEPORTIVA
Enviado por Anónimo o 29 Novembro, 2018 - 22:46Mañá venres 30 de novembro imos desprazarnos ata o CEIP de Rebordáns coas clases de terceiro, cuarto e sexto de educación primaria para participar na primeira xornada de dinamización deportiva e de convivencia intercentros escolares.
Os nosos alumn@s van estar xogando a balonmán, bádminton, xadrez, voleibol, baloncesto e fútbol sala.
Sen dúbida van disfrutar a tope participando e o máis importante coñecendo amig@s novos e facendo do deporte e os xogos unha xornada de convivencia e amizade.
SUSPENDIDO E APRAZADO ATA QUE AS CONDICIÓNS CLIMATOLÓXICAS O PERMITAN O CAMPIONATO ZONAL DE CAMPO A TRAVÉS NO CONCELLO DO ROSAL
Enviado por Anónimo o 5 Novembro, 2018 - 13:40O próximo sábado 24 de novembro en horario de mañá terá lugar o Campionato zonal de Campo a Través escolar.
Este ano será no concello de O Rosal, nun circuito preparado no lugar de "A Canosa" (San Miguel de Tabagón) a carón do río Miño.
Poderán participar tod@s @s nen@s que queiran a partir de segundo de primaria ata a ESO.
Esta proba forma parte do programa de XOGADE do presente curso, nesta modalidade deportiva, e nela poderán participar tanto alumnado dos colexios da zona como integrantes dos clubs de atletismo da mesma.
PRAZO DE INSCRICIÓN
Se debe confirmar os inscritos o MARTES 20 de Novembro no colexio, xa que o prazo da organización remata o mércores 21.
NORMATIVA
Participantes
Poderán participar todos os atletas en idades comprendidas dentro das categorías, que estean escolarizados nos centros educativos da nosa zona (concellos de Salceda, Tui, Tomiño e O Rosal) ou que teñan ficha nos clubs deportivos rexistrados tamén na nosa zona.
Permitirase excepcionalmente a participación doutros atletas que non cumpran estes requisitos, pero a súa clasificación non computaría para consecuencias posteriores (participación en campionato provincial).
E requisito imprescindible en todo caso e para todos os participantes estar inscrito e mutualizado en XOGADE, co seguro deportivo correspondente.
Tamén é requisito imprescindible facilitar á Agrupación Deportiva Baixo Miño os datos necesarios para participación de cada neno ou nena: nome e apelidos, colexio ou club de representación, data de nacemento e nº de mutua deportiva de XOGADE. A xestión das autorizacións para facilitar esta información corresponde aos centros e clubs implicados.
As carreiras
Celebraranse 8 carreiras, participando en cada unha delas as distintas categorías e sexos:
NOTA: Os horarios e as distancias sonas definitivas. Cada atleta deberá estar como mínimo 30 minutos antes do inicio da súa carreira para por o dorsal diante da camiseta do colexio, estudar o percorrido e facer o quecemento.
Saída do Bus desde o CEIP DE GUILLAREI |
9.00 Horas |
||
CATEGORÍA |
ANO DE NACEMENTO |
DISTANCIA APROXIMADA |
HORARIO APROXIMADO |
Benxamín feminino |
2010-2011 |
600 metros |
10.30 |
Benxamín masculino |
2010-2011 |
600 metros |
10.40 |
Alevín feminino |
2009-2008 |
800 metros |
10.55 |
Alevín masculino |
2009-2008 |
1.200 metros |
11.10 |
Infantil feminino |
2006-2007 |
1.200 metros |
11.25 |
Infantil masculino |
2006-2007 |
1.700 metros |
11.40 |
Cadete feminino |
2004-2005 |
1.700 metros |
12.00 |
Cadete masculino |
2004-2005 |
3.100 metros |
12.30 |
Entrega de medallas e trofeos |
13.15 |
||
Fin da xornada e regreso no bus |
13.35 |
||
Chegada ao colexio |
14.05 |
Clasificados
Haberá dúas clasificacións en cada categoría: individual e por equipos.
Na clasificación individual se ordenan por orde de chegada a meta, contabilizándose neste listado todos os atletas que completen a carreira. Non se contabilizan tempos.
Haberá medallas para os dez primeiros clasificados.
Para clasificar por equipos, terase en conta o posto obtido polos catro primeiros de cada centro ou club, sumando os puntos correspondentes a eses postos. O equipo con menos puntos é o gañador. Na categoría cadete (masculino e feminino) contabilizaranse a estes efectos os tres primeiros atletas de cada equipo.
Haberá trofeos para os tres primeiros equipos de cada categoría.
Transporte
Dende o Servizo de Deportes establecerase un servizo de transporte en autocar dende os centros participantes (non para os clubs) e regreso ao finalizar a xornada.
Quen asista polos seus propios medios, terá que aterse ás instrucións das autoridades ou da organización da proba no lugar a efectos do estacionamento dos seus vehículos, dadas as características do lugar, zona sensible de protección na REDE NATURA 2000.
Custo para os participantes
A actividade está incluída no programa de XOGADE da Secretaría Xeral para o Deporte, e por tanto,é totalmente gratis para os participantes, tanto pola súa inscrición como pola súa cobertura de seguro deportivo, polo avituallamento ou polo seu transporte.
Avituallamento
A organización ten previsto facilitar aos participantes bocadillo e auga, así como unha ración de chocolate quente. Todas as persoas con intolerancias alimentarias deberán comunicar previamente nos seus centros educativos ou clubs tal circunstancia, para procurar dende a organización facilitar refrixerio alternativo. En todo caso non é obrigatorio este refrixerio para a organización.
Animádevos a participar.
CAMPO A TRAVÉS EN GUILLAREI
Enviado por Anónimo o 1 Novembro, 2018 - 21:40Carreira de Campo a través ao lado do noso colexio no torreiro da festa de Guillarei. Esta carreira vai destinada ás clases de segundo e terceiro de primaria. Van participar os colexios dos concellos do Baixo Miño de Salceda de Caselas, Tui, Tomiño e O Rosal.
Seran en horario lectivo e primaráse a participación de toda a clase e a inclusión.
Colexios inscritos para esta primeira carreira: CEP Altamira, CEIP de Rebordáns, CEIP de Guillarei, CEIP de Pazos de Reis, CEIP de Randufe, CEIP N1, CEIP N2, CEIP de Sobrada, CEIP de Tebra, CEIP de Barrantes, CEP Pedro Caselles e CEIP Pintor A. Fdez.
O venres, día 16 de novembro, celebraremos a primeira actividade global deste curso cunha novidade: un campo a través específico para alumnado de segundo e terceiro de primaria.
Será en horario lectivo, e o sistema de competición favorece a integración de todo o alumnado: soamente haberá clasificación por equipos, e cada equipo estará formado pola totalidade do alumnado dunha clase (independentemente do seu número).
Xogos populares en Tui
Enviado por Anónimo o 28 Xuño, 2018 - 11:49Resumo fotográfico da xornada de xogos populares para as clases de sexto que se celebrou no terceiro trimestre nas instalacións do CEIP nº 2 de Tui e na que participaron colexios de Tui e Tomiño, xogando a Billarda, Petanca, Chave, Bolos Celtas, A rá, zancos, carrilanas ou as buxainas.
Loita na escola
Enviado por Anónimo o 2 Maio, 2018 - 17:21O pasado mes de abril a clase de cuarto de primaria participou nunha xornada de Loita na escola con alumnado de outras escolas de Tui.
Aínda que os obxectivos eran participar, divertirse e a convivencia destacar que conseguiron quedar primeiros nesta modalidade nova, na que xogaron a xogos tan divertidos como a cola do cabalo, dar volta a tortilla ou o xogatira.
Moitos parabens nen@s.
Máis deporte en maio
Enviado por Anónimo o 2 Maio, 2018 - 16:48Durante os próximos días van participar varios cursos nas seguintes xornadas deportivas:
- Mércores 2 de maio, Brian González, alumno de sexto curso de primaria participará representando ao noso colexio na final zonal do Baixo Miño de tenis de mesa que se celebra no pavillón do CEIP de Sobrada, moita sorte e a divertirse Brian.
- Xoves 3 de maio, o alumnado de cuarto e quinto de primaria desprazaráse ao CEIP de Randufe para participar na quinta dinamización deportiva e convivencia intercentros.
- Martes 8 de maio, o alumnado de sexto de primaria, vai participar nunha xornada de xogos populares con nenas e nenos dos colexios numero 2 Tui, Sobrada e Caldelas.
Van xogar a billarda, petanca, bolos celtas, buxainas, aros, ... e como colofón haberá un descenso de carrilanas.
Clasificados para a Fase Final do Baixo Miño de Bádminton
Enviado por Anónimo o 15 Febreiro, 2018 - 00:14A nosa escola vai estar representada na fase final de Bádminton a celebrar o mércores 21 de febreiro en Tomiño no Pavillón da Carballa.
Os clasificados son:
Uxía (Benxamín Fem.- Cuarto curso)
Brian Glez. (Alevín Masc.- Sexto curso)
Yamile (Infantil Fem. -Sexto curso)
Saúl (Infantil Masc.- Sexto curso)
Moitos parabéns a tod@s.