Educación primaria
III XORNADA DE DINAMIZACIÓN INTERCENTROS
Enviado por Anónimo o 15 Xaneiro, 2020 - 21:24
Mañá xoves 16 de Xaneiro visítanos o CEIP de Pazos de Reis para ter unha xornada de convivencia e deportes en conxunto.
Nesta ocasión van participar 6⁰ , 4⁰ e 3⁰ curso.
Bádminton, Voleibol, Balonmán, Xadrez, Baloncesto e Fútbol Sala serán os deportes a practicar durante a xornada.
II XORNADA DE DINAMIZACIÓN DEPORTIVA INTERCENTROS
Enviado por Anónimo o 11 Decembro, 2019 - 22:04O próximo martes 17 de decembro imos visitar as instalacións do CEIP de Barrantes en Tomiño. Nesta ocasión van xogar as clases de 5⁰ e 4⁰ de primaria.
Sen dúbida disfrutaremos dunha xornada de convivencia e diversión moi deportiva.
ESTUPENDA XORNADA DE CAMPO A TRAVÉS EN TOMIÑO
Enviado por Anónimo o 27 Novembro, 2019 - 10:23Varios dos participantes do colexio.
Equipo alevín feminino.
O pasado 23 de novembro a AGRUPACIÓN DEPORTIVA BAIXO MIÑO organizou o campo a través zonal do Baixo Miño, no que houbo baixa participación con respecto a anos anteriores. Pero os participantes amosaron moita ilusión e entrega, en tódalas categorías.
Ao longo da mañá houbo momentos de choiva, sobre todo na categoría de infantil femenino, pero non foi impedimento para o desenvovlemento da proba.
Destacar o gran esforzo e auto superación de cada nen@ durantes as carreiras. Estamos moi orgullosos de tod@s, pola participación, a convivencia e o compañerismo, valores moi importantes.
Neste ano conseguiron 1 premio un equipo e 6 medallas:
1- Trofeo de Sub campeoas o equipo Infantil Femenino (Alejandra Cabaleiro, Kholoud Rouchdi, Mayra Vila, Houda El Jabraoui, Wian Cherti e Uxía Fdez.)
1- Lorena Vaz (medalla de ouro na categoría benxamín feminina).
2- Taha Rouchdi (medalla de prata na categoriá benxamín masculino).
3- Alejandra Cabaleiro, Kholoud Rouchdi, Alejandro Vila e Saula Rocha tamén gañaron varios medallas)
Polo demais, todo saíu perfecto, e o chocolate estivo delicioso.
Agradecer a AGRUDEBAM, aos mestr@s voluntarios, ANPAS, ao concello de Tomiño e ao servizo de deportes pola súa colaboración. Tamén ao CEP Pedro Caselles Beltrán, por ceder as súas instalacións.
CAMPO A TRAVÉS ZONAL NO CEP PEDRO CASELLES DE TOMIÑO
Enviado por Anónimo o 23 Novembro, 2019 - 00:35Mañá sábado 23 de novembro imos participar cun grupo de 33 alumn@s no proba zonal de campo a través no colexio Pedro Caselles de Tomiño.
Esta proba está dentro do programa Xogade, na cal participan os colexios do Baixo Miño.
Moita sorte a tod@s os participantes.
Máis información na web de Agrudebam.
MAGOSTO 2019
Enviado por Anónimo o 22 Novembro, 2019 - 10:51O pasado mércores celebramos a festa do magosto na nosa escola. a xornada desenvolveuse con varias actividades como cantar unha canción popular galega, participar nos obradoiros dos xogos populares. O tempo axudou moito, xa que fixo sol e poidemos comer as castañas no patio.
Os obradoiros de xogos este ano foron os seguintes:
1- O xogo da rá.
2- Construción de torres cos carozos do millo.
3- Relevos coa culler.
4- Os birlos ou bolos celtas.
5- Xogos co paracaídas e castañas.
6- Equilibrios cos zancos, a goma o aro guía.
7- Carreiras de sacos, colar fichas e as buxainas
O CEIP DE REBORDÁNS NA I XORNADA DE DINAMIZACIÓN DEPORTIVA INTERCENTROS
Enviado por Anónimo o 12 Novembro, 2019 - 21:29Aquí podedes ver o ben que o pasamos coa visita do CEIP de Rebordáns xogando a bádminton, voleibol, baloncesto, xadrez, fútbol sala ou balonmano.
CAMPO A TRAVÉS ESCOLAR EN HORARIO LECTIVO TOMIÑO 2019
Enviado por Anónimo o 12 Novembro, 2019 - 13:21
CIRCUITO PARA AS CLASES DE 2º E 3º DE ED. PRIMARIA.
Boas tardes familias;
O próximo venres 15 de novembro imos participar na carreira de campo a través escolar en horario lectivo (9 -14 horas) co resto de colexios do Baixo Miño. Este ano vai ser nas instalacións do CEP Pedro Caselles de Tomiño.
Participamos coa totalidade do alumnado das clases de 2º, 3º e 4º de primaria. A filosofía desta carreira e premiar o esforzo da clase enteira xa que van correr e puntuaran como un “equipo”.
CIRCUITO PARA 4º ED, PRIMARIA
Por outra parte ese día haberá clases normais salvo o rato que viaxemos no autobús gratis que subvenciona a Xunta de Galicia no programa Xogade (deporte en idade escolar).
MOI IMPORTANTE
- Levar unhas zapatillas deportivas que agarren ben (que a sola non este moi desgastada), calcetín alto, pantalón curto ou malla de correr, a “camiseta e o chandal do colexio” no caso de telo.
- Levar unha mochila coa merenda e auga pequena ecunha muda completa (camiseta, roupa interior, toalla pequena, ...), por si fai falta cambiarse ao rematar a carreira. Xa que pode chover ou estar parte do circuíto mollado.
As familias que queiran ver as carreiras poden ir sen problema ata o CEP Pedro Caselles.
Máis información nas seguintes páxinas web:
https://www.agrudebam.es/horario-lectivo/campo-a-traves-horario-lectivo/
AS NOSAS CARREIRAS SERAN O VENRES E NON O XOVES POR MOR DA CHUVIA.
I XORNADA DE DINAMIZACIÓN DEPORTIVA INTERCENTROS
Enviado por Anónimo o 21 Outubro, 2019 - 23:47O vindeiro vendes 25 recibimos a visita do CEIP de Rebordáns na nosa escola. Nesta ocasión as clases participantes serán sexto, cuarto e terceiro curso de educación primaria.
Comezamos co programa "Xogade" coa primeira dinamización deportiva xogando a bádminton, xadrez, balonmán, voleibol, baloncesto e fútbol sala.
Onde o máis importante será sen dúbida a convivencia cos amigos e disfrutar facendo deporte.
Deslizamentos no recreo
Enviado por Anónimo o 21 Outubro, 2019 - 23:39Como todos os anos en outubro xa comezamos coa xornada semanal de deslizamentos cada luns no pavillón do colexio.
Patíns, rolllers, skates, patinetes, ... un xeito divertido de pasar o recreo cos compis do cole.
PATIOS ACTIVOS 2019-2020
Enviado por Anónimo o 21 Outubro, 2019 - 20:32Cartel das zonas de xogos.
Bádminton e Floorball no pavillón.
Voleibol e Fútbol Sala
CAMPO A TRAVÉS EN HORARIO LECTIVO (TOMIÑO 2019)
Enviado por Anónimo o 21 Outubro, 2019 - 16:47O xoves día 14 de novembro celebraremos as probas de campo a través en horario lectivo (entre as 10 a 13 horas) no CEP Pedro Caselles Beltrán de Tomiño.
Correrase por categorías de grupo/clase, independentemente da idade de cada corredor. Nestas carreiras puntúa a totalidade dos compoñentes dunha clase, saíndo un equipo campión en cada categoría: 2º primaria, 3º primaria e 4º primaria.
Os circuitos faranse en función dos cursos. Aquí poñemos un croquis de todos eles.
Moito ánimo e a participar.
Inicio da Milla Diaria
Enviado por Anónimo o 8 Outubro, 2019 - 17:57Hoxe comezamos co programa da Milla Diaria (1606 metros). As clases de quinto, cuarto, primeiro e os grupos de infantil (3, 4 e 5 anos) sairon as 11.15 ao recinto do torreiro para percorrer unha milla dando 3 voltas grandes.
Uns foron a trote e otros camiñando un pouco, o mais importante e que foron uns minutos divertidos e activos. Bravo alumnado e profes participantes. Mañán máis.
SEMANA E DÍA EUROPEO DO DEPORTE ESCOLAR
Enviado por Anónimo o 7 Outubro, 2019 - 13:02O venres 27 de setembro celebramos o día europeo do deporte escolar na nosa escola. Ademais durante toda a semana xogamos e fixemos diferentes actividades físicas e promocións deportivas.
BALONMÁN E BALONCESTO TUI PROMOCIONAN OS SEUS DEPORTES EN GUILLAREI
Enviado por Anónimo o 27 Septembro, 2019 - 09:32Alejandro e Javier monitores do Club Baloncesto Tui, explicaron e promocionaron o seu deporte a todos os cursos de educación primaria. Aquí están co alumnado de sexto e quinto.
Grupo de terceiro e cuarto en acción.
Noe e Pablo do Balonmán Tui tamén tiveron o seu momento para animar ao noso alumnado a practicar balonmán co seu club e federarse. Lembrar que na nosa escola hai un grupo que xa xoga desde fai anos un día pola tarde, organizado pola ANPA e a Diputación de Pontevedra xunto o club balonmán Tui.
Equipo Deporte Escolar 2019/2020
Enviado por Anónimo o 13 Septembro, 2019 - 09:49Benvid@s a novo curso escolar 2019/2020.
O pasado martes 3 de setembro quedou establecido no primeiro claustro o equipo que se vai a encargar de coordinar o deporte escolar e o PDC "Guillarei activo e saudable" do noso colexio.
Concepción Rguez. Cibeira, Mª del Pilar Durán Otero, Fernando Domínguez Sobral e Víctor Rguez. Quintas.
Ademáis esperamos contar coa colaboración activa de todo o claustro nos diferentes programas e actividades que intentaremos levar adiante.
Moita enerxía e sorte a tod@s.