Educación primaria
Mulleres deportistas importantes.
Enviado por Anónimo o 25 Xuño, 2021 - 12:26Exposición de murais (petalos xigantes) sobre mulleres deportistas: Traballo relacionado coa investigación de mulleres importantes en varios ámbitos da vida.
Ana Peleteiro, Carolina Marín, Chus Lago, ...
MÓVETE MÁIS "Jerusalema".
Enviado por Anónimo o 25 Xuño, 2021 - 12:25Programa “Móvete máis” (coreografía grupal divertida): realizouse durante os meses de setembro e outubro con cada grupo burbulla a coreografía “Jerusalema”, quedando sen facer o baile grupal todos xuntos no 3º trimestre.
XOGOS POPULARES NO MAGOSTO
Enviado por Anónimo o 25 Xuño, 2021 - 12:23Xogos populares no magosto: organizamos unha zona diferente para grupo burbulla, na cal cada clase durante máis dunha hora xogou a diferentes xogos populares. En total foron 7 espazos separados respectando as normas do protocolo, con distancias e sen compartir os materiais.
DAFIS ADAPTADO A 1ª OPCIÓN DO PROTOCOLO
Enviado por Anónimo o 25 Xuño, 2021 - 12:22
Proba de flexibilidade
Programa DAFIS (Valoración da condición física): Programa que serve para o control e valoración da condición física a saúde do alumnado de 1º a 6º curso de educación primaria, coa realización de diferentes probas físicas adaptadas á 1ª opción do protocolo, como por exemplo:
1ª OPCIÓN. Mantemos o protocolo proposto pola Xunta de Galicia. Mesmas probas en todas as idades. Consideracións:
a) Uso continuo da máscara.
b) Desinfección de materiais antes e despois de cada uso: ◦ Material de antropometría: tallímetro, báscula e cintas. ◦ Dinamómetro dixital, material velocidade-axilidade, caixón de flexibilidade e barra horizontal.
c) Mantemos a distancia de seguridade en todas as probas, incrementada a 2,5 metros, con especial atención na proba da Course Navette. Ventilamos ao máximo o espazo cerrado: pavillón escolar, cos 2 portóns abertos.
Os datos destas probas están rexistrados no programa DAFIS, do cal o coordinador do noso colexio fixo formación fai 4 anos en Vigo e fai 7 anos en Santiago de Compostela. Todo o alumnado de educación primaria pasou as probas físicas e as diferentes medicións durante o primeiro trimestre do curso.
Axilidade e velocidade.
Forza
Peso e altura.
Forza isométrica
Perímetros de cintura e cadeira.
Altura
Panel informativo.
RECREOS ACTIVOS E PATIOS DINÁMICOS ADAPTADOS AO PROTOCOLO COVID19
Enviado por Anónimo o 25 Xuño, 2021 - 12:20Recreos activos e patios dinámicos: Este curso tivemos que adaptarnos o protocolo do COVID19, co cal repartimos un baúl de material diverso a cada grupo/clase, o cal só podía xogar cada grupo burbulla e na zona indicada de cada grupo no patio exterior do patio ou no pavillón nos días de chuvia. Destacar que houbo dúas quendas de recreo. O como reflexión indicar que o positivo deste ano o alumnado xogou máis cos seus compañeir@s de seu grupo-clase.
petanca
FORMACIÓN DE MESTRES EN RUTAS NÁUTICAS EDUCATIVAS
Enviado por Anónimo o 25 Xuño, 2021 - 12:17FORMACIÓN ESPECÍFICA DE MESTRES
O pasado 11 de xuño o mestre de educación física participou nunha formación específica sobre rutas náuticas educativas en Kayak cara as bateas da ría de Vigo fronte a Moaña, acompañados por un experto no cultivo do mexilón e nunha andaina relacionada coa historia mariñeira da vila de Cangas do Morrazo e a industria conserveira e das baleas da familia Masó, acompañados con guías turísticos.
O obxectivo desta experiencia e levar o próximo ano ao alumnado para que teña experiencias interdisciplinares sobre estes contidos.
Estas actividades están organizadas por ECODESTIN (Proxecto europeo INTERRG) en Moaña e Cangas do Morrazo en xuño 2021.
Iniciación ao piragüismo
Enviado por Anónimo o 22 Xuño, 2021 - 11:51PROXECTO DE VIDA ACTIVA E DEPORTIVA (PVAD): “GUILLAREI ACTIVO E SAUDABLE”
O pasado mércores 9 de xuño os grupos de 5º e 6º curso de educación primaria, participaron nunha xornada especial, con 2 experiencias moi interesantes como foron:
1º) A realización dunha ruta pola cidade vella de Tui titulada “O túnel de Dona Urraca”: tendo como saída a praza de S.Fernando na Catedral, o alumnado mediante un plano con pistas foi descubrindo e aprendendo moitas cousas de Tui e de Dona Urraca “A Temeraria”.
Ao rematar esta ruta, continuamos camiñando pola alameda cara a mariña a carón do río Miño, onde tivemos a sorte de coincidir co Cabo Fragata. Xa no parque do Penedo, merendamos e tivemos un ratiño de lecer e xogar na tirolina e tobogán.
2º) Xa no centro interfederado do río Miño, esperábannos Manuel (presidente), Jose Luis Bouza (adestrador e subcampión do mundo de piragüismo )e Raimon (monitor); membros do club Kayak Tudense; os cales foron moi amables e iniciáronnos na práctica de iniciación ao piragüismo, deporte tan arraigado na nosa contorna.
SAÍDA ESPECIAL (O TÚNEL DE DONA URRACA E INICIACIÓN AO PIRAGÜISMO)
Enviado por Anónimo o 11 Xuño, 2021 - 11:50PROXECTO DE VIDA ACTIVA E DEPORTIVA (PVAD): “GUILLAREI ACTIVO E SAUDABLE”
O pasado mércores 9 de xuño os grupos de 5º e 6º curso de educación primaria, participaron nunha xornada especial, con 2 experiencias moi interesantes como foron:
1º) A realización dunha ruta pola cidade vella de Tui titulada “O túnel de Dona Urraca”: tendo como saída a praza de S.Fernando na Catedral, o alumnado mediante un plano con pistas foi descubrindo e aprendendo moitas cousas de Tui e de Dona Urraca “A Temeraria”.
Ao rematar esta ruta, continuamos camiñando pola alameda cara a mariña a carón do río Miño, onde tivemos a sorte de coincidir co Cabo Fragata. Xa no parque do Penedo, merendamos e tivemos un ratiño de lecer e xogar na tirolina e tobogán.
2º) Xa no centro interfederado do río Miño, esperábannos Manuel (presidente), Jose Luis Bouza (adestrador e subcampión do mundo de piragüismo )e Raimon (monitor); membros do club Kayak Tudense; os cales foron moi amables e iniciáronnos na práctica de iniciación ao piragüismo, deporte tan arraigado na nosa contorna.
Grupos de 5⁰ e 6⁰ curso
Preparando as piraguas no río.
Momento final de baño.
Chegada a Tui e inicio da ruta de Dona Urraca.
Pistas a localizar e descubrir pola cidade vella.
NOVO EQUIPO DE MESTRES DO PVAD "Guillarei activo e saudable".
Enviado por Anónimo o 29 Septembro, 2020 - 11:12O día 21 de setembro constituímos o novo equipo de deporte escolar da nosa escola, o cal vai estar formado durante o curso escolar 2020/2021 polos seguintes mestr@s:
- Olaia Conde Fernández (represanta a educación infantil)
- Mª Luz Conde Moldes (representa ao 1º ciclo)
- Fernando Domínguez Sobral (coordina o equipo e representa ao 2º ciclo)
- Vega Sánchez Campos (representa ao 3º ciclo)
Ademáis de constituir o equipo, repasamos o calendario de actividades do curso e as propostas e novidades surdidas neste período do COVID 19.
Estamos pendentes das novidades do plan Proxecta e da Xunta de Galicia para ver que se pode facer durante este curso escolar.
FINAIS DE BÁDMINTON EN TOMIÑO
Enviado por Anónimo o 27 Abril, 2020 - 13:18Aquí tedes a este gran equipo que represetou a escola no pavillón da Carballa. Destacar ao capitán Xabier Argúelles.
FASE FINAL DE BÁDMINTON EN TOMIÑO
Enviado por Anónimo o 19 Febreiro, 2020 - 13:15Hoxe mércores 19 de febreiro do 2020 imos participar na fase final de bádminton do Baixo Miño no pavillón da Carballa en Tomiño.
Van representar a nosa escola os seguinte alumn@s:
- Brais Alfaya
- Violeta Coello
- Houda El Jabraoui
- Lorena Vaz
- Mara Argüelles
- Antonio Soto
Moita sorte a tod@s e a disfrutar facendo deporte.
Lembrar o bus sae as 15.50 e regresa sobre as 20 horas aproximadamente ao colexio.
Tiro con arco nos recreos activos e máis xogos
Enviado por Anónimo o 4 Febreiro, 2020 - 15:43Tiro con arco
Xogo da Chave de Aspas
PROVINCIAL XOGADE DE CAMPO A TRAVÉS 2019-2020
Enviado por Anónimo o 28 Xaneiro, 2020 - 21:47O próximo sábado 1 de febreiro no parque de Castrelos de Vigo imos participar na proba provincial de campo a través Xogade 2019-2020.
Moita sorte a todolos participantes.
GUILLAREI SOLIDARIO COA PROTECTORA ALOIA
Enviado por Anónimo o 28 Xaneiro, 2020 - 21:00Este curso solidarizámonos coa protectora de animais Aloia de Tui e organizamos a III edición da nosa carreira Solidaria de Campo a Través no torreiro da festa de Guillarei.
Montamos 5 recorridos con diferentes distancias a percorrer pola totalidade do alumnado, mestre@s e familias que tamén se animaron.
- Infantil 3 anos: 100 metros
- Infantil 4 e 5 anos: 150 metros
- 1⁰ e 2⁰ curso: 450 metros
- 3⁰ e 4⁰ curso: 650 metros
- 5⁰ e 6⁰ curso: 850 metros
- Familias e mestres: 100 metros
A parte deportiva nesta ocasión foi a menos importante e si a de sensibilizar a comunidades educativa e familias da importancia de axudar e cuidar os animais.
XORNADA ESPECIAL SOLIDARIA E DEPORTIVA
Enviado por Anónimo o 21 Xaneiro, 2020 - 00:45Este xoves 23 de Xaneiro imos organizar unha xornada moi especial. O programa vai ter as siguientes actividades:
1) As 10 h. imos ter a sorte dunha visita especial na nosa escola de varios deportistas do club Kennel Den de Mushing.
2) De 10 a 11 h. Tenemos 2 obradoiros sobre o Mushing e as duas modalidades: Canicros, Bikejoring, Patin, Triciclo, ...
3) As 11 h. Exhibición práctica cos cáns no torreiro da festa.
4) A partir das 12 h. III Carreira Solidaria en colaboración coa protectora Aloia de Tui.
Animádevos e participar e por favor non vos olvidedes de traer alimentos para os peludiños.